ACTUALIDADE

CAMPIONATO GALEGO DE CROSS

Gracias ao Clube Atletismo Aurum e á Federación Galega de Atletismo por a organización. Agradecer a participación dos clubes, todo saíu según as expectativas, a pesar da choiva. Esperámosvos mañá, temos todo preparado para o Campionato Galego Absoluto, cunha altísima participación, agardamos que sexa un éxito. Compartir

Leer máis

TROCO DE ACTIVIDADES NO ENTROIDO 2016

O Concello de Ribadavia comunica que, por mor das inclemencias meteorolóxicas, o pasarrúas de comparsas e charangas, previsto para mañá martes, finalmente terá lugar o vindeiro domingo día 14 de febreiro, ás 17.00 h. O baile infantil, que se levará a cabo no Clube Artístico, manten o seu horario inicial, ás 16.30 h do luns 8 de febreiro de 2016. …

Leer máis

RIBADAVIA PROBA A EMISIÓN DO PRIMEIRO PLENO DE 2016 A TRAVÉS DA SÚA WEB

O Concello de Ribadavia trasmitirá en directo o seu primeiro pleno ordinario deste ano a través do seu espazo web www.ribadavia.es. Trátase dunha proba que se agarda sexa definitiva para implantar esta medida contemplada dentro do regulamento de Participación Cidadá, o cal aprobouse o ano pasado a petición de Ribeiro en Común. O alcalde, José Ignacio Gómez Pérez, trasladou a …

Leer máis

BASES DO ENTROIDO 2016

Os días 7 e 9 de febreiro, domingo e martes respectivamente, con motivo do entroido, o Concello de Ribadavia programa o seu tradicional pasarrúas de comparsas. Se quere participar, pode inscribirse no concello ou na Casa da Cultura de Ribadavia ata o xoves día 4 de febreiro. Pode consultar as bases aquí. Compartir

Leer máis

EXPOSICIÓN “25 ANOS MAIS”

O pasado mes de decembro, os actos do 25 aniversario da Universidade de Vigo culmiron no campus de Ourense coa celebración dunha exposición no centro da cidade que, baixo o título 25 anos máis, recollía a visión desta institución de destacados persoeiros con vinculación coa provincia. Este venres a mostra comezou en Ribadavia o seu periplo por diferentes vilas ourensás. …

Leer máis

PRORROGADO O PRAZO PARA AS SUBVENCIÓNS PARA REHABILITACIÓN DO CASCO HISTÓRICO

Prorrógase o prazo para a presentación de solicitudes. As actuacións de rehabilitación estenderanse, exclusivamente, á Área de Rehabilitación do Casco Histórico de Ribadavia. Poderán ser beneficiarios/as das subvencións quen asuma a responsabilidade da execución integral do ámbito de actuación, xa sexan as propias administracións públicas, os propietarios únicos de edificios de vivendas ou os inquilinos autorizados polo propietario, as comunidades …

Leer máis

PRÓRROGA DO PRAZO PARA AXUDAS DE REHABILITACIÓN DE VIVENDAS

Tendo en conta o remate do prazo para a presentación de solicitudes de subvencións para actuacións de Rehabilitación na área de rehabilitación do casco histórico de Ribadavia e dado o número de solicitudes rexistradas no Concello, decidiuse, por unanimidade da xunta de goberno: Prorrógase o prazo de presentación de solicitudes de subvencións do Programa de rexeneración e renovación urbana do …

Leer máis

AXUDAS DO IGAPE A PROXECTOS DE NOVOS EMPRENDEDORES. PROGRAMA GALICIA EMPRENDE.

Esta axuda pretende fomentar a aparición de novos proxectos de creación de pequeñas e medianas empresas ou apoiar a realización de investimentos en novas Pemes promovidos por novos emprendedores para a ampliación temperá dos seus establecimientos. As subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, poderán cubrir ata o 35% dos investimentos comprendidos entre 25.000 e 500.000 euros. Os investimentos subvencionables abranguen …

Leer máis

AXUDA TICKECT ELÉCTRICO SOCIAL DE GALICIA

A axuda consiste nunha cantidade anual de 180€ (300€ no caso de familia numerosa), que ten por obxecto contribuír ao pagamento da factura eléctrica. Pode descargar as bases premendo aquí. Requisitos: Familias con fillos menores a cargo. Ingresos que non superen o 1,5 do IPREM (798€/mes). Xustificación de aboamento das facturas eléctricas. Presentación exclusivamente por vía telemática. Prazo de solicitude: …

Leer máis