Datas: Última fin de semana do mes de abril do 2018.
Lugar de celebración: Ribadavia (Ourense). No recinto da Alameda.
Principais actividades:
- Máis de 40 participantes (adegas e colleiteiros) con stand propio.
- Exaltación e degustación dos viños do Ribeiro.
- Cata Popular.
- Showcookings harmonizados con viño do Ribeiro, a cargo de recoñecidos cociñeiros (Estrelas Michelin, Grupo Nove, entre outros).
- Catas comentadas por sumilleres profesionais.
- Gala Entrega dos Premios da Cata Popular.
- Visitas guiadas ao Futuro Museo do Viño de Galicia e ao Castelo de Ribadavia.
- Actuacións musicais en diferentes sesións (viño-aperitivo, ás 13.30 h, e nocturna, ás 21.00 h)
- Sons do Viño (actuacións musicais en diversas rúas e prazas do conxunto histórico de Ribadavia).
- Xuntanza de Bandas de Gaitas.
- Food Trucks (proposta gastronómica con furgonetas que ofrecen os seus produtos).
- Exposicións dos carteis da Feira do Viño do Ribeiro.
- Curso da UNED exclusivo sobre temática do mundo do viño e do Ribeiro.
- Actividades para os máis cativos (gastronomía, humor e diversión, manualidades, entretemento, etc.)
- RibeiroMaxias (Espectáculos de maxia vencellados coa cultura do viño).
- Ribeirolandia (zona infantil con atraccións para nen@s).
Compartir