BENESTAR SOCIAL

O Dpto. de Servicios Sociais do Concello de Ribadavia pertence a unha rede de servizos sociais comunitarios,  que garante o dereito universal ó sistema galego de servizos sociais, a proximidade ás persoas usuarias e familias, o carácter integrador e coordinado de toda a intervención social e a prevención comunitaria dos problemas sociais. Para o cumprimento de todo elo, levanse a cabo entre outros os seguintes programas e servizos:

2. PROGRAMA BÁSICO DE VALORACIÓN, ORIENTACIÓN E INFORMACIÓN.

Ten a función de proporcionar información, orientación e asesoramento en materia social a persoas, grupos e comunidade en xeral.

3. PROGRAMA BÁSICO DE ATENCIÓN NO FOGAR E APOIO A UNIDADE DE CONVIVENCIA.

Ten por obxeto prestar un conxunto de atencións ás persoas no domicilio dende unha perspectiva integral e normalizadora, para facilitar o seu desenvolvemento persoal e a permanencia no seu domicilio habitual, especialmente naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía ou situacións de risco social. 

O Servizo de Axuda no fogar é un servizo de apoio a nivel preventivo, educativo e asistencial para as familias ou persoas con dificultades para manter ou restablecelo seu benestar físico, social ou afectivo.

A finalidade do servizo de axuda no fogar é a mellora da calidade de vida das persoas que necesitan asistencia, manténdoas no seu medio habitual, evitando deste xeito a institucionalización, podendo así integrarse ou reintedrarse na súa comunidade.

Servizos relacionados coa atención persoal na realización das actividades da vida diaria.

  • Servizos relacionados coa atención das necesidades domésticas ou do fogar como lavandería, alimentación e outras.
  • Acompañamento persoal na realización doutras actividades necesarias para a vida diaria tales como apoio a trámites de carácter administrativo, xudicial ou similares.

Sistema de mans libres que conecta a través dun pulsador ó beneficiario cun centro de atención 24 horas do día durante os 365 días do ano.

Os seus obxectivos son:

  • Proporcionar unha axuda necesaria en caso de situacións de emerxencia sanitaria, social ou doméstica (caídas, pequenos accidentes,…) no domicilio, movilizando os recursos necesarios para solucionalos.
  • Proporcionar seguridade, tranquilidade e apoio ante o temor producido polo sentimento de soidade e o aillamento social.

O procedemento para o recoñecemento do grao de dependecia sería o seguinte:

  • Información, orientación e asesoramento.
  • solicitar o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito as prestacións do sistema.
  • Valoración da situación da dependencia por técnicos da Xunta de Galicia.
  • Dictame e resolución do grao de dependencia:
    • Grao I (Dependencia moderada 25-49 puntos):
      • Necesita axuda para realizar varias actividades básicas da vida diaria (ABVD), polo menos unha vez ao día ou ten necesidade de apoio intermitente o limitado para a súa autonomía persoal.
    • Grao II (Dependencia severa 50-74 puntos):
      • Necesita axuda para realizar varias ABVD dúas ou tres veces ao día, pero non quere o apoio permanente dun coidador ou ten necesidades de apoio extenso para a súa autonomía persoal.
    • Grao III (Gran dependencia 75-100 puntos):
      • Necesita axuda para realizar varias actividades básicas da vida diaria varias veces ao día e, pola súa perda total de autonomía física, mental, intelectual ou sensorial, necesita o apoio indispensable e continuo de outra persoa ou ten necesidades de apoio xeneralizado para a súa autonomía persoal.

Os obxectivos son garantir unha alimentación equilibrada e de calidade adaptada as necesidades das persoas maiores e/ou dependentes, coa finalidade de cubrir as necesidades básicas relacionadas coa compra e a elaboración de menús, facilitando así a permanencia no seu domicilio e mellora da súa calidade de vida.

As súas características son que o reparto se realiza na súa casa, todos os días de luns a venres e, o menú é variado e adaptado ás necesidades dos usuarios.

4. CONCILIA

A conciliación da vida laboral e familiar é un reto ó que se enfrenta a sociedade actual, ante a dificultade de compatibilizar horarios, para poder armonizar a vida personal, familiar e profesional. Así neste apartado recóllense as distintas axudas e servizos relacionados coas familias e menores, do Concello de Ribadavia e doutras administracións.

Quero saber máis →

 

 

SERVIZO DE CONCILIACIÓN MAÑÁ

Ten o obxetivo de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, e permitir ós pais e nais que comezan a sua xornada laboral en horario anterior ó inicio das actividades lectivas no CEIP Pluriligüe Ribadavia e no CRA Amencer, deixar ós seus fillos e fillas no centro escolar ata o comezo das clases.

Horario do Servizo: 7:30 – 09:00 horas.

 

SERVIZO DE CONCILIACIÓN TARDE

Ten o obxetivo de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, e permitir ós pais e nais que rematan a sua xornada laboral en horario posterior ó remate das actividades lectivas no CEIP Pluriligüe Ribadavia e no CRA Amencer.

Horario do Servizo: 15:00 a 16:30 horas.

 

 

5. PROGRAMA DE PREVENCIÓN, INCLUSIÓN SOCIOLABORAL E APOIO FAMILIAR.

Integra un conxunto de programas, axudas e accións para previr e superar situacións de dificultade, especialmente situacións de maltrato e risco de exclusión social, promovendo procesos de cambio que faciliten a autonomía, integración e participación social e laboral.

O traballo continuado con familias en dificultade e risco social permiten confirmar a existencia de disfuncións relacionadas que requiren dunha intervención terapéutica específica sobre o sistema familiar, co fin de acadar cas respostas inadaptadas que impiden o equilibrio persoal e a integración social dos seus membros.

Ten entre outros obxectivos:

  • Promover a adquisición, por parte das familias, de competencias e habilidades para o correcto desenvolvemento das súas funcións parentais e educativas.
  • Favorecer a integración das familias en todos os ámbitos da vida comunitaria.
  • Realizar o seguemento e a intervención familiar e derivación a servizos especializados se fora o caso.
  • Realizar visitas no domicilio.

Actuación individualizada:

  • Información, orientación e asesoramento.
  • Derivación a servizos especializados (COF, GOF, Centro de Saúde, casa de acollida, outros).
  • Realización de Mesa de Coordinación contra a violencia de xénero, para control e seguemento dos casos do concello.
  • Seguimento e acompañamento individualizado.
  • RISGA  (Renda de Integración Social de Galicia)
  • AIS (Axuda Inserción Social)
  • PNC (Pensión Non Contributiba de Xubilación ou Invalidez)
  • Recoñecemento de discapacidade
  • Título de familia numerosa
  • Tarxeta de estacionamento/accesibilidade
  • Exención imposto de vehículos a discapacitados
  • Abono social Telefónica
  • Bono eléctrico
  • Ticket eléctrico
  • Tramites de xustiza gratuita
  • Outras
  • Información, orientación e asesoramento.
  • Tramitación de axudas da Xunta de Galicia e do Ministerio correspondente.
  • Derivación a outros organismos, como Consulados, Subdelegación do Goberno, Centros de Saúde ou outros.
  • Acompañamento ó inmigrante ou emigrante.
  • Seguimento da integración sociolaboral dos emigrantes ou inmigrantes.

Trátase dun programa en materia de discapacidade cos obxetivos de contribuir á eliminación de desigualdades e fomentar o benestar social e a calidade de vida deste colectivo. Para elo lévanse a cabo, entre outras as seguintes accións:

Información e orientación sobre recursos específicos: centros ocupacionais, centros especiais de emprego, asociacións, e outros.

Tramitación de prestacións económicas, recoñecemento do grao de discapacidade, tarxeta de accesibilidade, accións de ocio e tempo libre, entre outros.

Apoiar as persoas que sofren discapacidade ou alteración do desenvolvemento para mellorala súa calidade de vida e a das súas familias.

Programa dirixido a persoas en situacións ou risco de exclusión social. O obxetivo principal é asegurar a inclusión no mercado laboral e loita contra a pobreza e a exclusión entre as persoas e colectivos como a comunidade xitana e outras minorías étnicas.

Máis concretamente desenvólvenses accións como:

  • Realización de proxectos de intervención social personalizados. Tramitación de prestacións económicas específicas.
  • Avaliación e seguimento do itinerarios de inserción sociolaboral.
  • Colaboración contínua con distintos Dptos. do Concello e Organismos de emprego.

 

Desenvólvense en colaboración co Ministerio de interior na realización de traballos en beneficio da comunidade en distintos Dptos. do Concello de Ribadavia.

As áresas do Concello que colaboran son entre outras: Protección Civil, Servizo de limpeza, Servizo de xardinería.

O longo de cada ano levanse a cabo 3 repartos de alimentos da Unión europea. A organización que xestiona o reparto a todas as entidades da provincia é a Cruz Vermella de ourense. A subdelegación do goberno leva a cabo un seguemento do número de familias os que se reparte cada concello.

O Concello realiza a actualización e seguimento do listado de usuarios, recollida dos alimentos no propio banco de alimentos, reparto, archivo de actas do reparto e valoración de usuarios para o próximo reparto.

6. PROGRAMA BÁSICO DE ANIMACIÓN, PREVENCIÓN E COOPERACIÓN SOCIAL.

O seu obxeto é facilitar a participación comunitaria en distintas tarefas colectivas e de autoaxuda.

Obxectivos xerais:

  • Previr pérdidas e optimizar recursos amnésicos: previr a aparición e desenvolvemento de trastornos da memoria, diminuir as preocupacións que xenera.
  • Promover o benestar subxetivo.
  • Promover as relacións interpersoais.
  • Educación para a saúde.
  • Enfermidades (Alzheimer, Parkinson, Depresión,…)
  • Primeiros auxilios (Accidentes domésticos,…)
  • Actividades da vida diaria (Alimentación, Medicación, Higiene,…)

 

TALLERES DE ESTIMULACIÓN PARA PERSOAS CON ALZHEIMER.

A Asociación de enfermos de alzheimer de Ourense coa colaboración do dpto. de Servizos sociais organiza “TALLERES DE ESTIMULACIÓN PARA PERSOAS CON ALZHEIMER”.

Lugar: Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro.

  • Charla Alzheimer e talleres de estimulación.
  • Xornadas “A seguridade das persoas maiores”.

7. ACCIÓNS

O Concello de Ribadavia levará a cabo distintas accións para conmemorar o día 8 de marzo como Día Internacional da Muller.

Lectura de Manifesto:
En defensa das mulleres e a favor da sensibilización de toda a sociedade. Ás 13:15h. na Praza Maior de Ribadavia.

Exposición na Casa da Cultura: ´´Mestura de Arte e Muller´´

Con obras de :
Noemí Penela García con ´´O soño de Valentina´´
Mª Pilar Quinteiro Alonso con ´´Alegoría da farmacia´´

 

O Concello de Ribadavia, un ano máis, súmase á celebración do movemento LGTBQi e iza a bandeira coas cores do arco da vella. Cores que se identifican coa LIBERDADE, UNIDADE, TOLERANCIA, RESPECTO E NON DISCRIMINACIÓN en todo o mundo.
Mañá día 28 de xuño celébrase o denominado “Día do Orgullo” e nas fachadas do Castelo dos Sarmiento e do Concello de Ribadavia lucen dende esta noite as bandeiras da DIVERSIDADE, SOLIDARIEDADE, RESPECTO, TOLERANCIA E IGUALDADE co colectivo LGTBQi.
Dende o Concello de Ribadavia queremos combater e erradicar actitudes e comportamentos discriminatorios, sensibilizar a cidadanía contra o acoso por razón de identidade de xénero ou de sexo dende idades temperás, e favorecer e apoiar a diversidade e liberación sexual.

 

CURSO da UNED:
VIOLENCIA DE XÉNERO: realidade xurídica, realidade social.

Máis información

#NinUnhaMáis #NinUnhaMenos.

 

 

 

Programa “Igualdade en Ribadavia”

Está actividade foi cofinanciada pola Unión Europea

 

 

 

 

O Concello de Ribadavia, puxo en marcha este ano 2023 o Programa “Igualdade en Ribadavia”, grazas a unha subvención solicitada á Consellería de Promoción do emprego e igualdade, contando con financiación da Unión Europea.

Este programa permitiulle ás mulleres do noso Concello, en situación de vulnerabilidade, realizar unha serie de actividades para mellorar a súa calidade de vida en diferentes ámbitos.

Con ese fin, leváronse a cabo diferentes actividades. Realizáronse dous cursos de hixiene alimentaria e manipulación de alimentos, que permitiu unha mellora da súa formación e empregabilidade. Tamén se levaron a cabo diferentes actividades para mellorar a autoestima destas mulleres, dotalas de nocións básicas sobre hábitos de vida saudable, así como mantelas activas tanto a nivel mental ca posta en marcha dos obradoiros de estimulación cognitiva, como a nivel físico, realizando actividades de psicomotricidade.

A continuación realízase un breve resumo dos obxectivos que se pretendían alcanzar, e dos resultados obtidos:

OBXETIVOS:

  • Previr a violencia de xénero potenciando a igualdade e o empoderamento da muller en tódolos ámbitos.
  • Fomentar a autoestima das mulleres que se atopan en situación de vulnerabilidade, incrementando a autoestima e mellorando as habilidades persoais e sociais das mulleres.
  • Mellorar a empregabilidade das mulleres, a través de diferentes cursos de formación, atendendo á oferta laboral da zona.
  • Mellorar a saúde das mulleres a través de hábitos de vida saudables.
  • Fomentar a participación social das mulleres, mellorando a súa integración en tódolos aspectos.

RESULTADOS:

 

  • A mellora das habilidades sociais e persoais, a autoestima, e o empoderamento da muller.
  • A mellora das capacidades de inserción social e laboral das mulleres que se atopan realizando unha búsqueda activa de emprego.
  • O fomento da socialización de tódalas mulleres en situación de vulnerabilidade e/ou en risco de estalo.
  • O mantemento dunha vida activa e a mellora de hábitos de vida saudables.

A realización destas actividades foron posibles grazas a unha subvención tramitada a través da Consellería de promoción do emprego e igualdade, coa financiación da Unión Europea.

Compartir