
Aula de Teatro de Ribadavia
Descarga o folleto inscripción a través do seguinte ligazón:
CURSO 22/23
A Aula Municipal de Teatro de Ribadavia dá comezo ao novo curso académico 22/23, grazas á confianza que alumnado, nais e pais depositan cada ano nas ensinanzas teatrais que ofrece o Concello de Ribadavia. GRAZAS.
Para nos é importante que saibades que grazas a vós existe a Aula e que cada ano recollemos con agarimo as vosas propostas e apreciacións para mellorar cada curso e seguir construindo un espazo teatral onde sigamos explorandos a linguaxe teatral e o espírito de convivencia e xenerosidade que nos regala. GRAZAS polas vosas aportacións no dia a dia e na Enquisa de balance que fixemos sobre o curso 21/22.
ACCESO ÁS ENSINANZAS
Estes son os pasos a dar:
- Paso 1. Preinscrición do 1 ao 23 de setembro. Folletos a disposición na Casa da Cultura ou nesta páxina web en .pdf editable para cubrir [ Descargar Folleto ]. Unha vez cuberto poderedes envialo por correo a auladeteatro@ribadavia.es , ou entregar presencialmente na Casa da Cultura de Ribadavia.
- Paso 2. Formalización de Matrícula do 10 ao 30 de outubro.
Unha vez iniciado o curso (na primeira semana de outubro) os alumnos poderán formalizar do 10 de outubro ao 30 de outubro. O formulario de matrícula estará á vosa disposición na Casa da Cultura e entregarase á docente ou na Casa da Cultura ao nome de Rosa.
En tempos de crise, cabe recordar que desde o inicio da Aula Municipal se ofrecen opcións ás persoas que por diferentes motivos non podan asumir a cotas. Tamén queremos informar que recollendo as vosas propostas, e sen variar as cotas, este ano amplíanse as horas de formación, ofrecendo Prácticas Escénicas para Primaria, Corpo Vocal para Xuvenil e Adultos eamplíase a a catro horas a duración dos Monográficos.
PREZOS
Na Casa da Cultura ofrecerase toda a información sobre os prezos de matrícula e mensualidade, así como as opcións de desconto ou exención.
INICIO DAS CLASES
Primeira semana de outubro nos horarios previstos:
HORARIOS
Os horarios serán os do ano pasado. En principio os venres e, se superamos o límite de alumnos por clase, ampliarase a maiores aos mércores, coma o ano pasado.
CLASES
Venres
- Primaria 16.00-17.30
- Infantil 17.30-18.30
- Xuvenil 19.00-20.30
Adultos 20.30-22.30
Mércores
- Primaria 16.00-17.30
- Infantil 17.30-18.30
PRÁCTICAS ESCÉNICAS
A definir cos alumnos apuntados en mércores, xoves e venres. Sábados ou domingos, excepcionalmente para que non poida o resto dos dias.
MONOGRÁFICOS
Son encontros intensivos en torno a diferentes disciplinas. Os dias e horas consensuaranse cos alumnos apuntados.
-Teatro musical para non cantantes I e II (Escola Galega de Teatro Musical)
-Clown (Marián Bañobre)
-Movemento expresivo (por determinar)
CORPO VOCAL
Esta materia quincenal reforzará o traballo dos alumnos sobre o son do seu corpo: a Voz, para entrar na Palabra.
Será un lugar de intercambio que alternarán catro docentes (Nuria Montero, Monica de Nut, Maria Salgueiro e Rosa Puga Davila) ao longo do cuso de xeito que os alumnos poderán ter diferentes referencias sobre distintos xeitos de explorar e entrenar as posibilidades do seu corpo vocal.
NOVAS EN RELACIÓN AO ANO PASADO
Este ano ampliase a formación sen variar o prezo: en Primaria inclúense Prácticas Escénicas opcionais semanais e, en Adultos e Xuvenil, as clases quincenais de Corpo Vocal. A esto súmase a ampliación da duración dos Monográficos, que pasan a catro horas nas categorías Xuvenil e Adultos, e a dúas horas para os nenos.

Datos de contacto:
Dirección: Casa da Cultura de Ribadavia
Teléfonos: 988 471 900 / 649 026 325
Email: auladeteatro@ribadavia.es
Instagram: @aulamunicipaldeteatroribadavia