BIBLIOTECA

A Biblioteca é unha institución de carácter público e gratuito que depende do Concello de Ribadavia e está integrada na Rede de Bibliotecas de Galicia.

O seu obxetivo primordial é facilitar o acceso á información nos seus diferentes soportes, cubrindo os campos da formación, ocio, cultura e información os usuarios.

SERVIZOS:

-Préstamo de libros, cd e dvd.

-Ordenadores para acceso internet da Rede de Bibliotecas de Galicia, para o cal fai falla darse de alta no servizo cun usuario e unha contrasinal.

-Acceso Wifi.

-Colección Local.

-Consulta de base de datos da biblioteca no catálogo online (preme aquí) no que podes consultar  os fondos bibliográficos da biblioteca, ver en que seccions está o documento que buscamos e comprobar a súa disponibilidade.

-Acceso a recursos electrónicos online dende a opacmeiga: e-Junior.net,  aula Planeta, Gale Virtual Reference Library e Hemeroteca Dixital.

-Actividades de animación á lectura do programa Ler conta moito da Consellería de Cultura.

-Actividades de dinamización lingüistica do proxecto Falaredes.

-Acceso a Galiciale e e-Biblio, onde podemos descargar en préstamo ebooks, na páxina web www.galiciale.gal, para cal é necesario dispor do carnet da biblioteca municipal.

-Mostras bibliográficas e exposicións.

-Actividades celebración Dia do Libro Infantil e Xuvenil e Dia das Letras Galegas.

-Concurso de postais de Nadal e diversos.

¿Qué se necesita para facer uso da biblioteca?.

Para acceder á maioria dos servizos que  ofertamos non se necesita requisito algún, só en caso de préstamo de libros a domicilio e acceso público a Internet. Requírese estar en posesión do carnet da biblioteca que se pode tramitar no día na Biblioteca sen custe algún, tan so traer dúas fotos tipo carnet.

HORARIO:

Verán: 9:00 h – 14:30 h

Inverno:  9:00 h – 13:30 h e de 16:00 h – 20:30 h

Teléfono: 988 471 900

ENDEREZO:

Avda. De Redondela 1 - 32400 Ribadavia , Ourense

BLOG

Sala Xeral
Sala Xeral
Sala_Infantil
Sala Infantil
Sección_Comic
Sección Banda Deseñada (Comic)
Compartir