
Noelia Rodríguez Travieso
Alcaldesa do Concello de Ribadavia
23 de febreiro do 2021
Veciñas e veciños;
Amigos e amigas, ás veces, e sen sabelo, atopase unha nun gran momento; ser a primeira muller alcaldesa de Ribadavia é unha honra e ao mesmo tempo unha responsabilidade, etapa que afronto con ilusión e cun firme compromiso para lograr que os meus veciños e veciñas teñan cubertas as súas necesidades e expectativas.
O nivel de esixencia que teño queroo manter activo para avanzar xuntas e xuntos cara un proxecto máis cercano e con mellores servizos para unha sociedade que está en permanente cambio, agora, máis se cabe, neste novo escenario tan complexo que estamos a vivir de crise sanitaria, económica e social provocada pola Covid-19.
Ribadavia destaca por ser unha sociedade plural e amigable, polo dinamismo do tecido asociativo das súas xentes, que defende e coida do seu con adicación e tesón. Persoas comprometidas polas que teño a honra de traballar e representar.
Son moitos os retos que afronta o municipio; a despoboación, o envellecemento, a natalidade... debemos loitar para que a tendencia se reverta.
Ribadavia, conta con moito potencial; patrimonio artístico e cultural, historia, termalismo, rutas e natureza , gastronomía, festas de interese, así como, a proximidade coas diferentes cidades das provincia de Ourense, Vigo, Compostela... ferramenta que debemos aproveitar tanto a nivel turístico como empresarial.
Poucas comarcas manteñen mellor a súa idiosincrásia que a do Ribeiro. A viticultura e a enoloxía converteron ao enoturismo nun dos motores económicos do Ribeiro. Convídote a coñecer máis de preto o noso municipio e adentrarte a degustar os mellores viños do País, unha opción con forte presencia na comarca donde temos motivos de abondo para tomar un viño Ribeiro. Estou disposta, con toda humildade, a abrir unha etapa de diálogo como alcaldesa da capital do Ribeiro cos demáis concellos da comarca, independentemente das ideoloxías políticas. Defendo a necesidade de apoiar activamente aos sectores estratéxicos do Ribeiro, como o sector vitivinícola, os problemas do Ribeiro abranguen a todos os municipios da contorna e debemos traballar unidas.
A claridade na xestión municipal é, e seguirá sendo, a base para traballar con total transparencia. Por medio do diálogo aberto coa veciñanza achegarei os servizos e actividades cada un de vós.
Vivimos tempos moi complicados que están a afectar á nosa economía local, comprometome a pór todos os mecanismos do concello para dar solución ás necesidades de moitos veciños e veciñas.
Coa vosa colaboración, seguro lograremos ter unha vila acolledora, limpa e con servizos que fagan sentirnos orgullosos de vivir e participar da vida “do pobo”.
Son consciente de que as novas tecnoloxías constitúen hoxe en día un elemento de comunicación e interacción básico, por medio da web e as redes sociais municipais, interactuaremos en tempo real coa cidadanía por medio desta xanela activa. Non dubides en poñerte en contacto conmigo si tes algunha consulta, ademáis, as portas do concello estarán abertas para todas as persoas que o precisen. Proximidade e cercanía son primordiais no día a día, só escoitándovos podemos avanzar.