Na Casa da Cultura ofrécense, entre outros, os seguintes servizos:
CONSERVATORIO PROFESIONAL E ESCOLA DE MÚSICA
CONSERVATORIO: O Conservatorio profesional de música é un centro público de ensino musical de grao elemental e profesional de titularidade municipal, no que o remate dos estudos se expide a titulación correspondente a especialidade homologada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
ESCOLA: A Escola é un centro público de ensinanza musical non regrada, de titularidade municpal que conta co recoñecemento da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
OBXECTIVOS:
O obxectivo prioritario é o de proporcionar unha formación da mellor calidade ó alumnado, pero tamén ten unha importante parte de dinamización social a nivel comarcal con actividades musicais, artísticas e culturais, ademais de formar alumnos destacados a nivel docente, concertista e outros que serven de canteira para as distintas formacións existentes na comarca ( tradicional, folk, grupos locais, banda, coro..)
ESTRUCTURA:
O Conservatorio está estructurado en dous graos: elemental e profesional, sendo a idade mínima de acceso 8 anos.
A Escola organízase en dous bloques:
- Música e movemento: para nenos de idade comprendida entre 3 e 5 anos. Para os nenos de 3 anos empadroados en Ribadavia, a matrícula será gratuita.
- Práctica instrumental e formación complementaria o instrumento: dende 6 anos en diante sen límite de idade.
ESPECIALIDADES QUE SE IMPARTEN : violín, viola, guitarra, piano, frauta travesa, clarinete, saxofón, trompeta, trombón, trompa, bombardino, tuba e percusión completa.
TITULACIÓN:
Ao remate das ensinazas do grao profesional de música obterán o Título Profesional no que constará a especialidade cursada.
ACTIVIDADES:
O centro realiza unha intensa actividade, non só en Ribadavia senón tamén fora da comarca: concertos, intercambios con outros centros educativos , concertos didácticos, asistencia a cursos formativos, audicións, participación no entroido...
ADMISIÓN:
Durante todo o mes de maio está aberto o prazo de reserva de praza. O período de formalización de matrícula será na segunda quincena de xuño.
No mes de setembro, haberá un prazo extraordinario, para casos excepcionais e tamén alumnos novos.
INFORMACIÓN CURSO 22/23
O CONSERVATORIO PROFESIONAL E A ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL DE RIBADAVIA , INFORMA:
ABRÉSE O PRAZO DE MATRÍCULA EXTRAORDINARIO, PARA O VINDEIRO CURSO
ACADÉMICO 2022-2023,QUE ABRANGUERÁ DENDE O DÍA 1 ATA O 7 DE SETEMBRO, EN HORARIO DE 10.30 A 13.00, NA SECRETARÍA DO CENTRO.
ESPECIALIDADES INSTRUMENTAIS QUE SE IMPARTEN NO CONSERVATORIO PROFESIONAL E A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA:
- PIANO
- GUITARRA
- VIOLÍN
- VIOLA
- CLARINETE
- FRAUTA
- SAXOFÓN
- TROMPETA
- TROMBÓN
- TROMPA
- TUBA
- BOMBARDINO
- PERCUSIÓN
ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA:
MÚSICA E MOVEMENTO:
A PARTIR DE 3 ANOS ATA 5 ANOS. PARA OS NEN@S DE 3 ANOS, A MATRÍCULA SERÁ GRATUITA, PARA AQUELES QUE ESTEAN EMPADROADOS EN RIBADAVIA.
- INSTRUMENTO: DENDE 6 ANOS EN DIANTE,SEN LIMÍTE DE IDADE.
- PREINICIACIÓN O INSTRUMENTO: PARA NEN@S DE 6 ANOS
- INICIACIÓN O INSTRUMENTO: PARA NEN@S DE 7 ANOS.
- FORMACIÓN COMPLEMENTARIA: LINGUAXE MUSICAL,ORQUESTRA DE CORDAS, BANDA , CORO, COMBO DE MÚSICA MODERNA, INFORMÁTICA MUSICAL, HARMONÍA, HISTORIA DA MÚSICA, ETC…
Para máis información:
Chamar o teléfono: 618 745 794 ou 988 471 900 , ou ben dirixirse a SECRETARÍA DO CENTRO situada no 2 piso da Casa da Cultura (Avenida Redondela S/N, Ribadavia.)