PRÓRROGA DO PRAZO PARA AXUDAS DE REHABILITACIÓN DE VIVENDAS

Tendo en conta o remate do prazo para a presentación de solicitudes de subvencións para actuacións de Rehabilitación na área de rehabilitación do casco histórico de Ribadavia e dado o número de solicitudes rexistradas no Concello, decidiuse, por unanimidade da xunta de goberno:

Prorrógase o prazo de presentación de solicitudes de subvencións do Programa de rexeneración e renovación urbana do Plan estatal de fomento do alugueiro de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013 – 2016 para as Áreas de Rexeneración e Renovación Urbanas (Áreas de Rehabilitación Integral) do Casco Histórico de Ribadavia, ata o vindeiro 31 de xaneiro de 2016.

Pode consultar as bases aquí

Compartir

Check Also

CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE

  UNIDADE MÓBIL DIANTE DA IGREXA DO PORTAL (DIANTE DOS “XARDINILLOS”) Compartir