Datas: último sábado de outubro ou o primeiro de novembro sempre cadrando coa festividade de tódolos Santos.
Lugar de celebración: Ribadavia (Ourense).
Principais actividades: É unha festa que se realiza nesa data pola razón propia que sinala a tradición. O SAMAIN é a festividade de orixe celta máis importante do período pagán que dominou Europa ata a súa conversión ao cristianismo, na que a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro servía como celebración do final da tempada de colleitas na cultura celta e era considerada como o «Ano Novo Celta», que comezaba coa estación escura. É tanto unha festa de transición (o paso dun ano a outro) como de apertura ao outro mundo.
- Academia de feiticeiros.
- Desfile.
- Pasaxe do terror.
- Mercado meigo.
- Queimada.
- Teatro.
- Aquelarre.
- Concerto.
Compartir