RIBADAVIA PROBA A EMISIÓN DO PRIMEIRO PLENO DE 2016 A TRAVÉS DA SÚA WEB

O Concello de Ribadavia trasmitirá en directo o seu primeiro pleno ordinario deste ano a través do seu espazo web www.ribadavia.es.

Trátase dunha proba que se agarda sexa definitiva para implantar esta medida contemplada dentro do regulamento de Participación Cidadá, o cal aprobouse o ano pasado a petición de Ribeiro en Común.

O alcalde, José Ignacio Gómez Pérez, trasladou a proposta de proba ao resto de representantes da corporación, os cales aceptaron levar a cabo a proba e mantela definitivamente se todo sae satisfactoriamente.

O emprego da cámara, e posterior emisión na web do concello, tamén se aplicaría a outros eventos que sexan de interese para a cidadanía e que teñan lugar no salón de plenos.

Compartir

Check Also

CONSERVATORIO PROFESIONAL E ESCOLA DE MÚSICA. PRAZO DE PREINSCRICIÓN DURANTE O MES DE MAIO.

ABERTO PRAZO DE INSCRICIÓN, DURANTE O MES DE MAIO. Aberto o prazo de preinscripción para …