Díptico O día 15 conmemórase o Día Da Arte e o día 18 de abril o Día Internacional dos Monumentos.
A ARTE DOS MONUMENTOS.
Para conmemorar estas dúas datas, o Concello de Ribadavia celebrou, coa colaboración da Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico e do Conxunto Histórico de Ribadavia, as xornadas da ARTE NOS MONUMENTOS.
COÑECE OS MONUMENTOS DE RIBADAVIA.
O obxectivo é poñer en valor, divulgar a e dar a coñecer o noso patrimonio cultural, histórico e artístico de Ribadavia.
A actividade realizouse os días , 16, 17 e 18 de abril, e consistiu en visitar cada día un monumento, con control de aforo e con todas as medidas sanitarias e de seguridade.
Horario: ás 19 horas.
Punto de encontro: diante do monumento a visitar.
Programa e persoa que levará a cabo a visita:
Día 15: Santo Domingo e Capela do Portal. Con Lolín Lira Pousa e Isolina Rionegro Fariña.
Día 16: Castelo de Ribadavia. Con Manuel García Valdeiras.
Día 17: Torre do reloxo. Con José Ramón Estévez Pérez.
Día 18: Igrexa e Convento de San Francisco. Con Jorge Lamas Bértolo.
Vídeo resumo de cada xornada:
A actividade foi presencial.
Podes consultar o díptico con información sobre os monumentos aquí: Díptico
CONCURSO DE REINTERPRETACIÓN
Ademais, para impulsar a arte en todas as súas formas, o Concello de Ribadavia, xunto coa Oficina Municipal de Información Xuvenil, convoca o Concurso de Reinterpretación mediante técnica libre, das diferentes obras e monumentos do Ribeiro.
Toda a información para participar do concurso aquí: Concurso de Reinterpretación artística.