O 15 de abril é o aniversario de Leonardo Da Vinci, unha das mentes máis fabulosas, símbolo da libre expresión, da creatividade e da arte en todas as súas formas. Nesta data terá lugar o día Mundial da arte, e para celebralo, o Concello de Ribadavia e a Omix organizan un concurso co fin de promover conciencia da actividade creativa.
Podedes facernos chegar as vosas obras de arte, mediante foto ao correo omix.ribadavia@gmail.com ou depositandoa na Casa do Concello.
Valorarase a creatividade, a orixinalidade e o esforzo que realicedes, pero recordade que o importante é participar!
BASES
Idade dos participantes: 14 a 30 anos.
As obras presentadas deben ser monumentos artísticos da nosa comarca. Deberán
ser reinterpretadas con técnica libre (acuarela, medios dixitais, escultura, carboncillo…).
Cada obra deberá de ir acompañada de título e texto explicativo de non máis de 30 palabras.
As obras que teñan un formato plano (folio, cartulina….) debrán ir sobre un cartón
pluma de cor blanca, cun espazo en cada borde de 4cm.
O tamaño das obras non poderá ser superior as medidas A2 nin inferiro as medidas A4.
Subir as Redes Sociais etiquetando @omixribadavia e @concelloribadavia e poñer o
hashtag #ArteRibadavia.
O que queremos conseguir e que nas obras seleccionadas por cada participante, se
reinterprete o estilo do artista e se modifique nos seus cores, figuras ou fondo, ou
ben se tome unha parte representativa da obra e se cambie de contexto,
mesturando as veces elementos da realidade actual.
Non se aceptarán copias de artistas, nin obras que xa foran presentadas
anteriormente en concursos.
O solicitante deberá indicar o nome, apelidos e idade do menor, así como nome,
apelidos, número de DNI e teléfono de contacto do proxenitor ou titor legal.
Estes datos non poderán estar incluídos na obra.
No caso de que a obra sexa enviada dende colexios, deberase indicar o nome e
apelidos do menor, a idade e o centro educativo de Ribadavia ao que pertencen.
Estes datos non poderán estar incluídos na obra.
Contacto:
Correo electrónico:
omix.ribadavia@gmail.com
ou depositar a obra entregándoa no concello.
Se a obra se envía por correo electrónico, será suficiente escribir no corpo do correo
os datos identificativos. Sé se entrega no Concello, adxuntaranse os datos nun sobre
ou similiar, a ser posible grampado ou unido por outro medio, para poder clasificalo.
Data límite:
12 de abril a las 00.00h
Resolución de gañadores: 13 de abril.
Será precisa a autorización dun proxenitor ou titor legal maior de idade. Realizando a
solicitude de participar desta actividade, enténdese que automaticamente se dá o
consentimento.
Os participantes e os seus representantes legais consenten automa
ticamente ao participar desta actividade a utilización, publicación e reprodución sen limitación, por parte da organización, da obra e autor/a en calquera tipo de publicidade,
promoción, publicación, incluído Internet ou calquera outro medio da natureza que
sexa, con fins informativos, sen que dita utilización lle confira dereito de
remuneración ou beneficio algún.
Premios
–
1º premio:
Caderno para carboncillo tamaño A3, estoxo de 36 pasteis ao óleo, estoxo de 36 acuarelas,
estoxo de 24 lapis de cores acuarelables, caderno multitécnica, 12 rotuladores de caligrafía,
rotulador dobre punta para caligrafía, caderno para caligrafía, xogo de 7 pezas para debuxos
e bosquexos, caderno A4 de debuxo.
–
2º premio:
Caderno para carboncillo tamaño A3, estoxo de 24 pasteis ao óleo, estoxo de 12 acuarelas,
estoxo de 12 lapis de cores acuarelables, caderno multitécnica, rotulador dobre punta para
caligrafía, caderno para caligrafía, xogo de 7 pezas para debuxos e bosquexos, caderno A4
de debuxo.
–
3º premio:
Caderno multitécnica, estoxo de 12 acuarelas, estoxo de 12 lapis de cores acuarelables,
estoxo de 12 pasteis ao óleo, rotulador dobre punta para caligrafía, caderno para caligrafía,
caderno A4 de debuxo.
Ademais seleccionaranse 25 obras mais para expoñer xunto cos tres gañadores no museo
etnolóxico de Ribadavia e na Casa da Mocidade.