
A unidade móbil de doazón de sangue da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos estará en Ribadavia o venres 30 de outubro, dentro da campaña «Doa sangue, un alento de vida».
Onde: fronte á Igrexa do Portal, diante dos «Xardinillos».
Horario: de 10:00 a 14:15 horas e de 16:00 a 21:00 horas.
Se tes máis de 18 anos e pesas máis de 50 kg, só precisas 15 minutos para axudar a salvar outras vidas.
Antes de doar, ten en conta:
- Hai que almorzar antes de doar. Se xa xantaches, agarda 2 horas.
- Non fagas unha comida copiosa antes da doazón.
- Trae a tarxeta de doador, o DNI ou un documento similar.
- Se estás a tomar algún medicamento, coméntallo ao persoal médico.
Máis información no teléfono gratuíto 900 100 828 e en ados.sergas.gal.
Vídeos da campaña
3 de cada 10 doentes que reciben compoñentes sanguíneos en Galicia padecen cancro, leucemia ou linfoma.
3 de cada 10 doentes que reciben compoñentes sanguíneos en Galicia tiveron unha intervención cirúrxica.
3 de cada 10 doentes que reciben compoñentes sanguíneos en Galicia padecen algún tipo de anemia.
Concello de Ribadavia Concello de Ribadavia