Esta fin de semana no Ribeiro estamos de celebración, coa VI Xornada de Portas abertas do Viño do Ribeiro. Amosamos o programa completo de actividades
- RIBEIRO, SON E VIÑO. TÚNEL DO VIÑO: O sábado 20, ás 19:30 h e o domingo 21, ás 13:00 na Igrexa da Madalena de Ribadavia. Actividade gratuíta na que se poderán degustar diferentes marcas das adegas pertencentes á Ruta do Viño do Ribeiro. O evento estará amenizado por unha actuación musical en directo.
- VENRES DE TAPEO “CON SABOR A RIBEIRO”: O venres 19 de maio os restaurantes participantes na VI Xornadas de Portas Abertas, presentarán unha oferta variada de pinchos que se poderán harmonizar cos viños das diferentes adegas participantes. O custe será de 5 euros para a degustación de 3 pinchos. Lugar do evento: Igrexa da Madalena, Praza da Madalena, Ribadavia. Hora: 20:00 h.
- CONCURSO EN FACEBOOK
Realizarase o sorteo de 2 billetes dobres para o tren turístico das Rutas dos Viños do Ribeiro – Rías Baixas, estancias nos establecementos da Ruta do Viño do Ribeiro e máis premios. Participa e gaña subindo unha foto da túa asistencia ás VI Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia ao Facebook da Ruta do Viño do Ribeiro. - BODEGAS CASAL DE ARMÁN. PASEO EN CABALO ENTRE VIÑEDOS CON DEGUSTACIÓN DUN VIÑO NA FINCA:Sábado 20 e domingo 21 ás 11:00 h. A saída é dende a Adega Casal de Armán para percorrer parte dos viñedos do val do Avia. Duración: 3 horas. Máximo 4 persoas. Posibilidade de realizar este percorrido en calesa enganchada en 1 ou 2 cabalos con capacidade para 5 persoas. Prezo: 100 €/persoa.
- EN BUSCA DAS CASIÑAS DO RIBEIRO: o sábado 20, de 17:00 h a 19:00 h. Domingo 21, de 12:00 h a 14:00 h; Mediante pistas, os participantes terán que buscar as casiñas situadas no conxunto histórico de Ribadavia, en cada unha delas terá un premio dunha botella de viño.
- EXPOSICIÓN DE CONTIDO ETNOGRÁFICO.-MUSEO ETNOLÓXICO DE RIBADAVIA.: Sábado de 11:00 h a 14:30 h e domingo de 11.00 h a 14:30 h.
- ANDAINA ENTRE VIÑEDOS: VIDES E GRANXAS MEDIEVAIS: Domingo 21 de 10:00 h a 13:00 h. Actividade para todos os públicos onde descubriremos grandes segredos da cultura do viño do Ribeiro, percorrendo granxas medievais e a paisaxe deste territorio vitivinícola. A andaina rematará no Túnel do Viño da Igrexa da Madalena. Necesaria inscrición na Oficina de Turismo de Ribadavia no teléfono: 988 471 275.
- VISITA AO CASTELO DOS CONDES DE RIBADAVIA E Ó MUSEO SEFARDÍ DE GALICIA: Sábado de 10:00 h a 14:30 h e de 16:30 h a 20:00 h. Domingo de 10:30 h a 14:30 h e de 16:30 h a 20:00 h. Entrada e tickets: Na Oficina de Turismo de Ribadavia. Prezo: 3,5 € /persoa.
Compartir