Segundo o acordado no Consello Rector do Consello Municipal de Deportes, apróbanse as bases para as subvencións a entidades deportivas para o mantemento dos campos de fútbol deste ano 2017.
Serán gastos subvencionables aqueles relacionados co mantemento funcional da instalación no día a día nos que se incluen : reposición de materiais , limpeza , tarefas de mantemento e pequenos arranxos como: reposición de todo tipo de material inventariabel , traballos propios de mantemento e limpeza das instalacións e material deportivo sempre que sexa material fixo inventariabel da instalación (porterias,redes,banquiños , marcadores , etc)
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir da data.
Poderán ser beneficiarios destas axudas :
- Entidades deportivas, con domicilio social no concello de Ribadavia, que fagan uso de xeito regular(durante a tempada) das instalacións obxeto da subvención
- Ter asinado convenio de colaboración na tempada 2016/17 co Concello de Ribadavia
Pode consultar as bases premendo aquí; e o anuncio da convocatoria do Concello premendo aquí.