SUBVENCIÓNS A PROXECTOS TRACTORES DA ENOGASTRONOMÍA DE GALICIA

Obxecto da axuda:

A axuda ten como obxecto a posta en marcha de proxectos tractores que teñan un efecto transformador no sector turístico enogastronómico de Galicia, cos obxectivos de ampliar a oferta e de restauración e promovoer un turismo enogastronómico sustentable.

Liñas de actuación:
•Liña 1: Creación de infraestruturas de aloxamento e restauración con criterios de sustentabilidade e eficiencia enerxética.
•Liña 2: Sistemas de enerxías renovables e economía circular no novo establecemento turístico.
• Liña 3: Proxectos dixitais vinculados á enogastronomía e á sustentabilidade turística no novo establecemento turístico.
• Liña 4: Experiencias enogastronómicas vinculadas ao novo establecemento turístico.

A contía da axuda será o resultado de multiplicar o investimento subvencionable polas seguintes intensidades de axuda, segundo a categoría de empresa:
•35 %, no caso das pequenas empresas.
•25 %, no caso das medianas empresas.
•15 %, no caso de grandes empresas.

O importe mínimo do proxecto será de 200.000 €.

O límite máximo de axuda pública será de 600.000,00 euros por proxecto. Para estes efectos, enténdese por proxecto a posta en marcha dun novo establecemento turístico de aloxamento ou restauración.

BASES ÍNTEGRAS

Prazo de solicitudes: Dende o 17/04/2024 ata o 16/08/2024, ás 23:59 h

Tramitación na seguinte ligazón: TU503J

Máis información:

fomento.turismo@xunta.gal

981 54 63 60 / 981 54 02 61

Compartir

Check Also

AVISO: INSPECCIÓN TÉCNICA DE TURISMOS

Inspección técnica de turismos Lugar: Polígono Industrial de San Cristovo. Ribadavia. Días: do 27/06/2024 ao …