SEMANA SANTA CULTURAL EN RIBADAVIA

En Ribadavia esta semana santa apostamos pola cultura e o turismo cun programa de actividades para todas as idades e gustos. O Programa cultural de semana santa deste 2018 inclúe exposicións, actuacións de maxia, obradoiros de alfarería tradicional e roteiros teatralizados. Vive a semana santa en Ribadavia:

  •  “A noite dos Condes”: Roteiro nocturno teatralizado ao castelo de Ribadavia, sabado 24 ás 22 horas. Prezo 8€ reserva na oficina de turismo.
  • ” O Castelo para nos”: Roteiro teatralizado infantil. Martes 27 e mércores 28 ás 12 horas polo castelo, de balde.
  • Magos do Ribeiro: Actuación do Mago Deimi o xoves 29 e actuación do Mago Albert o venres 30 ás 19 horas  no mini auditorio dos “Jardinillos”, de balde
  • Exposición de alfarería tradicional de Galicia, Portugal e La Mancha: venres. sábado e domingo no Local Social da Madalena, de balde
  • Obradoiro de alfarería e cerámica: venres 29 ás 17 horas, sábado 30 ás 12 e as 17 horas e domingo 1 ás 12 horas
  • Obradoiro de elaboración de Tella: venres, sábado e domingo, obradoiro en directo na madalena
  • Encontro cos alfareiros e o seu mundo: “Presente e futuro da Alfarería”: sábado 31 ás 20 horas no Museo Etnolóxico de Ribadavia.
  • Continúa a exposición “A auga, o sangue da terra” ata o día 31 de marzo na Madalena.

En Ribadavia, esta semana santa “tes que vir, tes que ver”

 

Compartir

Check Also

PREMIOS 2º CONCURSO DE MICRORRELATOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Publícanse os premios do 2º Concurso de microrrelatos contra a violencia de xénero: Categoría de …