A vindeira semana comezará o verán e e con el chega o San Xoan.
O 23 e 24 de xuño celebraremos a noite máis máxica do ano.
Día 23 de xuño:
Ás 20:00 horas, no Local Social da Madalena, haberá unha sesión de CINEMA para todas as idades. Sen necesidade de inscrición previa e ata completar o aforo permitido.
A partir das 22:30, na Praza Maior, TEATRALIZACIÓN NOCTURNA de San Xoan e queimada, a cargo de asociación Platea Lua
Tamén gozaremos da música das PANDERETEIRAS DA ISTORIA.
E, por suposto, haberá a tradicional exposición de herbas medicinais e tamén rosquillas e melindres para os asistentes, que se servirán en envases individuais para garantir o protocolo contra a covid.
Este ano, debido ás restricións das autoridades sanitarias, non está permitido realizar fogueiras en espazos públicos.
Día 24 de xuño:
Ás 19:00 horas, na Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia tamén poderemos gozar de actividades para os máis pequenos, co contacontos teatralizado HEROES E HEROAS, a través do programa Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
Por suposto, en todo momento se manterán as medidas sanitarias e de seguridade.
O Concello de Ribadavia, convoca para o Curso escolar 2026/27, unha axuda para a …
Idioma / Language »
Esta web utiliza las cookies _ga/_utm propiedad de Google Analytics, persistentes durante 2 años, para habilitar la función de control de visitas únicas con el fin de facilitarle su navegación por el sitio web. Si continúa navegando consideramos que está de acuerdo con su uso. Podrá revocar el consentimiento y obtener más información consultando nuestra Política de cookies.