RIBADAVIA SERÁ NOVAMENTE SEDE DO CURSO DE ESPECIALIZACIÓN DE VIÑOS DE GALICIA QUE ORGANIZA A ENTIDADE “GALICIA WINE ACADEMY”.

O curso conta con 15 prazas e celebrarase no Museo do viño de Galicia os días 26 e 27 de xaneiro.

 

Ribadavia será sede do curso de especialización de viños de Galicia que organiza a entidade “Galicia Wine Academy”. O curso, que ten unha carga docente de 9 horas, conta con 15 prazas e celebrarase no Museo do Viño de Galicia en Santo André de Camporredondo os días 26 e 27 de xaneiro.

Neste curso os alumnos poderán percorrer as variedades, os climas e os distintos tipos de solo existentes en Galicia, catando os distintos estilos de viño que se producen na nosa terra e coñecendo a algúns dos produtores de referencia destes viños.

O curso estrutúrase en dúas sesións de 4,5 horas con 20 viños a catar:

  • Sesión 1: Introducción, Historia, Rías Baixas, Ribeiro.
  • Sesión 2: Ribeira Sacra, Valdeorras, Monterrei e as 5 IXP´s

Este curso está pensado para as persoas que desexen profundizar nos viños de Galicia. Tanto para afeccionados que queiran coñecer mellor as diferentes variedades e estilos de viños galegos, como para profesionais que desenvolvan o seu traballo nunha adega, en hostalería ou distribución.

Cada participante no curso recibirá no primeiro día un exemplar do libro “Descubriendo los vinos de Galicia”, escrito polo director da “Galicia Wine Academy”, Jorge Vila DipWset. A matrícula para o curso ten un importe de 160 euros e as reservas de praza poden facerse a través da web de Galicia Wine Academy – https://galicia.wine/curso-galicia. Ou contactando no email: in**@ga*****.wine ou no teléfono 986048557

 

Contacto para prensa da Galicia Wine Acadenmy: Jorge Vila DipWSET    jv***@ga*****.wine | +34 661957861

 

Compartir

Check Also

CONCILIA NO NADAL

23,24,25,26,27, 30 E 31 DE DECEMBRO, 2,34 7 DE XANEIRO. PARA NENOS NENAS DE 3 …