Este curso escolar o Concello de Ribadavia amplía o servizo de conciliación, ofertándoo tamén de tarde.
O Servizo de Conciliación ten a finalidade de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, permitindo ás nais e pais que teñen a sua xornada laboral en horario anterior ou posterior ó inicio/remate das actividades lectivas no CEIP Pluriligüe Ribadavia e no CRA Amencer, deixar aos seus fillos e fillas no centro escolar antes do comezo das clases ou ó remate das mesmas.
Como novidade este ano o Concello de Ribadavia quere potenciar o servizo de conciliación e ampliase o Servizo de Conciliación cun novo horario de tarde. Así o Servizo de Conciliación terá un horario de mañá 07:30 a 09:00h e un horario pola tarde de 15:00 a 16:30h.
A prestación do servizo levarase a cabo durante a totalidade do período lectivo escolar 22/23.
O Prazo de solicitude será dende o 05 de setembro na oficina do Dpto. de Servizos Sociais do Concello. Poderán seguir formalizándose solicitudes o longo de todo o curso escolar 22/23 ata o 1 de xuño de 2023. A previsión de comezo do servizo será o luns 12 de setembro.
Prezos:
De forma xeral:
Empadroadas/os | Non empadroadas/os | |
Por un neno/a | 35€/mes | 65€/mes |
Por segundo ou máis irmáns | 25€/mes | 45€/mes |
Familias numerosas/monoparentais | 25€/mes | 45€/mes |
Para unidades familiares con ingresos inferiores ó Salario Mínimo Interprofesional (1.000€):
Empadroadas/os | Non empadroadas/os | |
Por un neno/a | 25€/mes | 45€/mes |
Por segundo ou máis irmáns | 15€/mes | 35€/mes |
Familias numerosas/monoparentais | 15€/mes | 35€/mes |
As taxas continúan sendo as mesmas do ano anterior, e sendo a mesma cantidade tanto para quenda de mañá como para quenda de tarde. Para as unidades familiares que fagan uso do Servizo de Conciliación de ambas quendas terán un desconto do 50% na segunda quenda.
Pódense consultar as bases íntegras na seguinte ligazón: BASES SERVIZO CONCILIACIÓN