RESOLUCIÓN DA DIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN PROFESIONAL, POLA QUE SE CONVOCAN CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGO E CURSOS PREPARATORIOS PARA OS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA, CELGA.

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional y Universidades

RESUMO CONVOCATORIA CELGA 2022 , da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galego e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Solicitudes:

As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática na ligazón www.eoidigital.com/preinslinguagalega. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na secretaría da escola oficial de idiomas correspondente unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

Prazos de inscrición:

O prazo para a presentación das solicitudes abarcará desde o día 1 ata o 10 de setembro de 2022, para os cursos do primeiro cuadrimestre (setembro-xaneiro), e desde o 3 ata o 13 de xaneiro de 2023, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).


Presentación da documentación:

Unha vez finalizado o proceso de asignación de prazas, o alumnado seleccionado deberá entrar de novo na aplicación para presentar a documentación que se especifica nos apartados sétimo e decimoprimero desta resolución.


O prazo para a presentación
desta documentación será ata o día 16 de setembro de 2022 para os cursos do primeiro cuadrimestre, e ata o 20 de xaneiro de 2023 para os cursos do segundo cuadrimestre.
Relación de cursos Celga ofertados:

 

Mas info: Departamento de Orientación Laboral

988477100

DOG, venres, 19 de agosto de 2022

 

Compartir

Check Also

COMPETENCIA DIGITALES

En BiG Formación y  el Concello de Ribadavia; formamos a la ciudadanía gallega en competencias …