PROGRAMACIÓN SEMANA SANTA 2023

Programa de actividades en Ribadavia para semana santa 2023.

 

 

Musica na rúa e actividades dirixidas ao público infantil, xunto cun programa de conciliación para as vacacións dos escolares.

Un ano máis destaca o programa a “Arte dos Monumentos”, que comezou en 2021 sempre con moi boa acollida do público, poñendo en valor os monumentos e a arquitectura local.

Un ano máis Paula Rodríguez presenta un programa de actividades para a semana de Pascua. A tenente de alcaldesa e concelleira de cultura ven de presentar o cartel con todas as actividades do Concello de Ribadavia.

 

– Actividades de Conciliación para que as familias poidan conciliar vida familiar e profesional durante os días non lectivos. 3, 4, 5 e 10 de abril. Dirixido a idades de 3 a 14 anos. Inscrición do 23 ao 30 de marzo. Programa de conciliación de Pascua iniciado por primeira vez en 2021.

– “Arte dos Monumentos”, que comezou en 2021,  e que sempre obtivo moi boa acollida do público, poñendo en valor os monumentos e a arquitectura de Ribadavia. Os días 3, 4 e 5 de abril.

Mércores 5 de abril: Actuación musical: LOS LUNS AL SOL21:00 horas Praza Maior.

Xoves 6 venres 7: Actuación musical itinerante de un dúo, por diferentes zonas de Ribadavia.
A partir das 12:00h.

Sábado 8 de abril:Actuación para todos os públicos. Títeres e contacontos con Tarabelos.
19:00 horas nos Xardinillos.

Domingo, 9 de abril:Obra de teatro Backup.
20h. Casa da Cultura .

Ademais, desde a Biblioteca Municipal tamén se programará a actividade infantil “ A Ramona pequena vai á Lúa”, de Pakolas, o 3 de abril ás 18h, dentro do Programa “Ler conta moito”.

Un ano máis Ribadavia programa actividades culturais no mes de abril, coincidindo coa Semana Santa, a pesar de que a finais de abril tamén haberá a Feira do Viño, cun importante esforzo do Concello.

Compartir

Check Also

CONCILIA NO NADAL

23,24,25,26,27, 30 E 31 DE DECEMBRO, 2,34 7 DE XANEIRO. PARA NENOS NENAS DE 3 …