PROGRAMA TERMALISMO CONTRA A SOIDADE

Este programa vai destinado as persoas maiores de 50 anos que viven soas dentro do Concello de Ribadavia, para que poidan acudir ó Balneario de Cortegada durante un periodo de 6 meses, o longo deste ano 2024.

O obxetivo principal deste programa é diminuir a soidade non desexada fomentando a participación en grupos e comunidade, e o mesmo tempo mellorar a calidade de vida e saúde das persoas maiores que viven soas. Así mesmo con esta iniciativa potenciase o uso as augas termais da Comarca do Ribeiro.

Constará dunha sesión de balneario cada semana, cun custe de 19,85€/mes para comezar a partir o 20  de marzo.  As sesións serán os mércores en horario de 10:30 a 12:30 horas.

O prazo de solicitude: ampliado ata o 15 de marzo.
Solicitudes e máis información: no Dpto. de Servizos Sociais do Concello de Ribadavia e no Tfno.: 988472403.

O número prazas: ata 20 prazas.
Haberá dispoñibilidade de microbus cun custe de 7€/día.
Compartir

Check Also

PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN, MEDIANTE POXA, EN RÉXIME DE COMPRAVENDA OU ALUGUEIRO, DE LOCAIS DE NEGOCIO E PRAZAS DE GARAXE

      Compartir