No marco da posta en marcha do “Programa Ribadaviacompaña”, programa que trata de analizar a situación do colectivo de persoa maiores soas no concello de Ribadavia, como unha forma de previr situacións de desamparo e soidade en persoas maiores de 70 anos, o Concello de Ribadavia vai describir e difundir os distintos servizos e programas que se están a desenvolver dende o Dpto. de Servizos Sociais.
Hoxe explicamos un servizo moi importante na prevención de situacións de soidade e posibles emerxencias, o Servizo de Teleasistencia.
➡️ Servizo de Teleasistencia
A Teleasistencia é servizo preventivo de asistencia domiciliaria, inmediata e permanente, para a atención das personas maiores, dependentes ou con discapacidade, que satisface e moviliza os recursos tecnolóxicos e sociais necesarios para resolver calquera situación de necesidade ou emerxencia as 24 horas do día e os 365 días do ano.
O seu obxetivo de asegurar a intervención inmediata en crisis persoais, sociales ou médicas para proporcionar seguridade e colaborando na prevención de ingresos innecesarios en centros residenciais.
📌 Válida para teléfonos fixos e móbiles.
📌 Servizo de balde.
Documentación:
❑ FOTOCOPIA DO DNI (do Titular e beneficiario/a se houbese).
❑ FOTOCOPIA DA TARXETA SANITARIA (do Titular e do beneficiario/a se houbese).
❑ CERTIFICADO DE PENSIÓNS (do Titular e beneficiario /a se houbese).
❑ INFORME MÉDICO (solicitalo por correo electrónico ou recollelo no Dpto. de Servizos Sociais).
❑ NOME, DIRECCIÓN E TELÉFONO DAS PERSOAS DE CONTACTO (2 persoas, unha delas con chave).
Máis información e cita previa no Dpto. de Servizos Sociais:
Tfno. 988472403 ou serviciossociais@ribadavia.