Prego de cláusulas da poxa para a venda forzosa do inmoble sito na Travesía Oliveira

Publícase o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá o procedemento de alleamento mediante poxa á alza para a venda forzosa do inmoble sito na Travesía Oliveira (referencia catastral 0625418NG7802S0001GT), por incumprimento das obrigas relativas á edificación, conservación e rehabilitación.

O tipo base de licitación é de 121.154,42 euros. O prazo de presentación das solicitudes de participación será de quince días hábiles a contar desde o seguinte á publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

Descargar o prego de cláusulas (PDF)

Compartir

Check Also

Bases da bolsa de traballo de Axuda no Fogar 2026

Bases da bolsa de traballo de Axuda no Fogar 2026

Os Servizos Sociais do Concello de Ribadavia informan da publicación das bases que regulan a …