
Os Servizos Sociais do Concello de Ribadavia informan da publicación das bases que regulan a convocatoria e elaboración da lista para a provisión temporal de postos de traballo de Auxiliar de Axuda no Fogar no Concello de Ribadavia.
O prazo para presentar as solicitudes remata este venres, 20 de novembro de 2026.
As solicitudes poden presentarse no Rexistro Xeral do Concello (Praza Maior, 4) ou por vía telemática na sede electrónica do Concello de Ribadavia, onde as bases están dispoñibles dende o primeiro día da convocatoria.
Para formar parte da bolsa é necesario contar cunha das seguintes titulacións:
- Curso de atención sociosanitaria e/ou certificado de profesionalidade de atención a persoas no domicilio.
- Curso de atención sociosanitaria e/ou certificado de profesionalidade de atención a persoas en institucións.
- Título de FP de grao medio de atención sociosanitaria ou atención a persoas en situación de dependencia.
- Título de FP de técnico en coidados auxiliares de enfermería ou de xeriatría.
Descarga aquí as bases completas da bolsa de traballo de Axuda no Fogar (PDF)
Máis información nos teléfonos 988 477 100 e 988 472 403, ou no correo serviciossociais@ribadavia.es.
Concello de Ribadavia Concello de Ribadavia