OUTONO FOTOGRÁFICO

Dende hoxe e ata o vindeiro 11 de novembro, podes visitar na Casa da Xuventude de Ribadavia  unha exposición de Tino García encadrada dentro do Outono fotográfico en horario de luns a venres de 9:30 a 14:00 e de 20:00 a 22:00 . Na obra “1-0-2”  o fotógrafo loita por plantexar co seu traballo un xogo no que conduce a dualidade espectador-obra e proxéctaa nun novo plano; observador-observado. Neste novo plano é o propio artista o que se reta a si mesmo a reflexionar sobre os estreitos límites da sociedade, a recoñecer unha forza exterior opresora mentres desata unha forza interior artística que ás veces se esconde, ás veces revólvese, pero que sempre existe; as súas obras son a crónica dunha viaxe interior que aspira a converterse en espello.
“De súpeto chegou o outono golpeando máis forte que nunca. Volveu de novo unha vella amiga a visitarme, só que esta vez sería para quedar, ou iso pensei. O espello empeñábase en devolver unha imaxe alterada do que eu entendía como a miña realidade; tal vez as pegadas de algo que non debería suceder. Tempo de preocupación, tempo de pedir axuda tempo de aceptación e reflexión. 1 pola mañá 0 ao mediodía 2 pola noite foi a pauta que me axudou a saír de alí, as pegadas físicas desapareceron pero algo me dicía que había cicatrices máis difíciles de borrar” Tino García.

Compartir

Check Also

CONCILIA NO NADAL

23,24,25,26,27, 30 E 31 DE DECEMBRO, 2,34 7 DE XANEIRO. PARA NENOS NENAS DE 3 …