O FILME “OLVIDO Y LEÓN” RODARASE EN RIBADAVIA ENTRE OS DÍAS 14 DE OUTUBRO E 8 DE NOVEMBRO.
A rodaxe da película implicará cortes intermitentes de tráfico
en diferentes puntos de Ribadavia.
A rodaxe do filme “Olvido y León”, dirixido polo ourensán Xavier Bermúdez, levarase a cabo en Ribadavia entre os días
14 de outubro ao de 8 de novembro.
Para facilitar o traballo do equipo de son e poder rodar os planos que conteñen diálogos, así coma por necesidades de acción noutros casos, levarnase a cabo unha serie de cortes intermitentes de tráfico:
Mércores, 16 de outubro, de 15:00 a 17:00h.: cortes intermitentes en
ambas direcións da rúa do Ribeiro (OU-504), á altura do número 5 ata o
número 27.
Venres, 18 de outubro, de 21:00 a 24:00h.: cortes intermitentes en ambas direcións da rúa do Ribeiro (OU-504), á altura do número 5 ata o número 27.
Ademais, xa que o decorado principal do filme é a casa dos protagonistas e ista está situada no número 31 da rúa Progreso, polas mesmas razóns de son, levaranse a cabo cortes de tráfico intermitentes en ambas direcións da rúa Progreso (OU-801), dende o cruce coa rúa do Ribeiro ata o cruce coa rúa
Banda A Lira, nos seguintes días e horas:
Mércores, 30 de outubro, 17:00 a 22:30h
xoves, 31 de outubro, de 12:30 a 15:30h. y de 17:00 a 22:30h
Luns, 4 de novembro, de 11:00 a 15:00h. e de 16:30 a 19:30h.
Martes, 5 de novembro, de 15:00 a 17:00h.
Vernes, 8 de noviembre, de 12:30 a 15:30h. e de 17:00 a 22:30h.
O alcalde de Ribadavia, César Fernández, afirmou que “a rodaxe deste filme é unha gran oportunidade para colocar o nome de Ribadavia e os diferentes recunchos da nosa vila en salas de cine de todo o mundo, coa repercusión que eso ten para dar a coñecer ao noso concello.
Evidentemente, unha rodaxe destas características conleva certas incomodidades coam eses cortes intermitentes de tráfico, pero o retorno positivo desta rodaxe será moi importnate para Ribadavia, polo que entendemos que merece a pena facer o esforzo de aceptar estas incomodidades derivadas da rodaxe.”
O alcalde sinalou que “Ribadavia é un concello no que a súa xente é de natureza acolledora, polo que estamos certos de que a colaboración ecomprensión da cidadanía coas incomodidades derivadas da rodaxe será
máxima.”