O CONCELLO DE RIBADAVIA CONSEGUE POR PIRMEIRA VEZ UN PROXECTO CORPO EUROPEO DE SOLIDARIDADE PARA ACOLLER A 3 PERSOAS VOLUNTARIAS DE ITALIA, PORTUGAL E FRANCIA A PARTIR DE XANEIRO DE 2020 E ADEMÁIS OFRECE 3 VACANTES PARA UN CURSO DE FORMACIÓN INTERNACIONAL EN AUSTRIA FINANCIADO POLO PROGRAMA ERASMUS+.

● O proxecto denominado “Apoio á comunidade local de Ribadavia” ten unha dotación económica de 27.637,00€ aportados na súa totalidade polo Corpo Europeo de solidaridade.

Por primeria vez o Concello de Ribadavia, é beneficiario como promotor do programa de voluntariado do Corpo Europeo de Solidaridade. Este programa que foi aprobado polo Reglamento (UE) nº 2018/1475 do Parlamento Europeo e do Consello, 2 de Outubro de 2018, no que se establece o marco xurídico do “Cuerpo Europeo de Solidaridad” pola Orde SCB/1047/2018 e que permitirá que Ribadavia acolla a 3 persoas de diferentes países ( Italia, Portugal e Francia), durante un periodo de 12 meses para que colaboren coa Casa da Xuventude de Ribadavia, A Oficina Municipal de Información Xuvenil e as actividades Culturais e Sociais do Concello de Ribadavia.

O proxecto leva o nome de “Apoyo a la Comunidad Local de Rivadavia” e ten unha dotación económica de 27.637,00€

Este programa foi presentado en rolda de prensa polo alcalde de Ribadavia, César Fernández, a concelleira de cultura, Yolanda Gómez e o técnico de xuventude, Manuel Araujo.

Na rolda de prensa anunciouse tamén que o concello de Ribadavia ofrece tres vacantes para un curso de formación internacional en Austria financiado polo programa ERASMUS+.

Este evento ten como obxectivo mellorar e refinar as habilidades de comunicación (e as súas conexións coas relacións e os valores) dos traballadores e organizacións xuvenís, proporcionándolles competencias, ferramentas e métodos para dirixir o seu traballo aos mozos marxinados, especialmente aqueles en risco de exclusión e comportamentos en risco e violencia (como beneficiarios indirectos).

Difundiranse os valores europeos de tolerancia, diálogo e respecto dos dereitos humanos, primeiro entre os traballadores xuvenís, como un reflexo común, a conciencia e o empoderamento das ferramentas de comunicación contra a violencia, e logo entre os mozos.

Todas as persoas interesadas poden informarse na OMIX de Ribadavia.

Compartir

Check Also

BASES LISTA TEMPORAL SERVIZO AXUDA NO FOGAR

Publícase a normativa pola que se regula a convocatoria e elaboración das listas para a …