- As solicitudes presentaranse de conformidade co disposto nas bases no Rexistro Xeral do Concello entre os días 4 e 22 de novembro de 2019
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ribadavia, aprobou as bases que rexerán o proceso de elaboración de listas para a provisión temporal de postos de traballo na categoría de “auxiliares de axuda no fogar”. As solicitudes presentaranse de conformidade co disposto nas bases no Rexistro Xeral do Concello, e o prazo de presentación será do 4 ó 22 de novembro de 2019.
Para poder presentar solicitude hai que estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
-Curso de atención sociosanitaria e/ou certificado de profesionalidade de atención a persoas no domicilio.
-Curso de atención sociosanitaria e/ou certificado de profesionalidade de atención a persoas en institucións.
-Título de formación profesional de grao medio de atención sociosanitaria ou atención a persoas en situación de dependencia.
-Título de formación profesional de técnico en coidados auxiliares de enfermería ou de xeriatría.
E tamén estar en posesión de:
-Permiso de conducir B1.