LETRAS GALEGAS 2022.

En homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán.

LETRAS GALEGAS 2022. RIBADAVIA.

 

PROGRAMACIÓN.

 

– SEMANA DO LIBRO EN GALEGO. DO 16 AO 21 DE MAIO. Desconto do 20% nas librarías de Ribadavia.

 

-14 de maio:

-12:00 horas. Patio do Museo Sefardí:

Presentación do libro “Sophie non é o meu nome de guerra”, de Roberto Pascual. Premio Rafael Dieste de teatro 2021.

– 22:30 horas. Praza Buxán.

FLORENCIO DELGADO SEN FRONTEIRAS. Percorrido sensorial pola Galicia Infinda de Florencio Delgado Gurriarán. Espectáculo multimedia con Arraianos Producións.

 

 

-15 de maio:

-12:30 horas. Salón de Plenos do Concello de Ribadavia.

ENCONTRO DE ESCRITORES. Con: Miguel Anxo Fernán Vello, Rosalía Fernández Rial e Armando Requeixo. Modera: Alba Chao Vázquez. Xornalista do Diario Faro de Vigo.

 

-17 de maio:

-11:00 horas: Pasarrúas do Grupo de Baile e Música Tradicional Sadeo.

-12:00 horas. Praza Maior de Ribadavia. Lectura da obra de Florencio Delgado Gurriarán, a cargo de colectivos de Ribadavia. Máis información e inscrición:ca*********@ri*******.es. Teléfono: 988 47 19 00.

-13:00 horas: Actuación na Praza Maior do Grupo de Baile e Música Tradicional Sadeo.

-18:00 horas. Auditorio Manuel María da Casa da Cultura: Espectáculo de maxia AS NOSAS LETRAS. Con O Mago Teto, a través da Deputación de Ourense.

-19:30 horas. Local Social da Fontiña Mariña. Francelos: Teatro infantil “Salvemos o Planeta”, coa asociación Anaquiños de Francelos.

 

– 20 de maio:

De 16:00 horas a 19:30 horas. Praza Maior.

OBRADOIRO MUSICAL E OBRADOIRO  DE BAILE TRADICIONAL. Duración: 1 hora e media cada un. A cargo de Xurse Murse. Empresa de Animación.

Inscricións:om************@gm***.com. Teléfono: 988 47 19 29( de 8:30 -14:30 h.)

Compartir

Check Also

XORNADAS GASTRONÓMICAS SEFARDÍES EN RIBADAVIA

Xornadas Gastronómicas Sefardíes Venres 27 e sábado 28 de setembro de 2024 Ribadavia acollerá as …