O Concello de Ribadavia pon en marcha unha Campaña de Sensibilización sobre Xoguetes e Xogos Non Sexistas e Non Violentos.
O Programa inclúe a realización de Obradoiros Prácticos de Igualdade e Coeducación dirixido ao alumnado de infantil e primeiros cursos de primaria, que xa se puxeron en marcha nos distintos centros do CRA Amencer de San Cristovo, San Paio e Francelos.
Elaborouse un Folleto Informativo cun decálogo completo por orientacións básicas para as familias a hora da compra de xogos e xoguetes que se poderá descargar dende a esta web: Folleto, así como 10 Carteis protagonizados por nenos e nenas do noso concello, un decálogo creado por eles mesmos, con diferentes mensaxes relativos a eliminación de estereotipos sexistas na compra de xoguetes e libros durante o nadal.