FIN DE SEMANA DE OUTONO EN RIBADAVIA

O Concello de Ribadavia convida a todos os seus veciños e veciñas a gozar do magosto nunha festa con productos típicos da terra e actuacións musicais.

A tradicional festa do magosto, como cada ano lévase a cabo nestas datas. Con tal motivo, un será o tema de celebración de Ribadavia, a través da Concellería de Cultura, organízase un magosto popular que terá lugar o vindeiro venres día 9 de novembro, ás 20:00 horas, na pista da Picuxa de Ribadavia.

En dito evento, poderánse degustar de balde os típicos productos, como castañas, chourizos, pan e bica, todo elo acompañado de viño do Ribeiro e licor café.

Para amenizar a xornada contarase cun duo musical que fará bailar e pasalo ben a todos os asistentes.

Así mesmo, completando a programación e colaborando coa Asociación de Mulleres Rurais Virxe do Portal e coa Asociación de Consumidores do Ribeiro; o domingo día 11 terá lugar unha desutación de cogomelos na Praza Maior ás 12 da mañá.

Dende a organización convídase a participar no magosto a todo o mundo que así o desexe.

Compartir

Check Also

CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE

  UNIDADE MÓBIL DIANTE DA IGREXA DO PORTAL (DIANTE DOS “XARDINILLOS”) Compartir