As Festas do Portal este ano celébranse do día 3 ao 9 de setembro.
Estas son unhas festas marcadas polas medidas de prevención e os protocolos de seguridade anticovid.
Así, TODOS os concertos e actividades serán con aforo controlado e limitado.
Non serán as festas que nos gustarían ter coas rúas e prazas cheas de actividades e concertos, pero desde o Concello apostase por manter as festas do Portal vivas e que a xente de Ribadavia e do Ribeiro poida gozar de todas estas actividades culturais, festivas e deportivas, sempre mantendo todas as medidas de prevención fixadas polas autoridades sanitarias.


Algunha das actividades que se celebran nestes días:
Compartir