De conformidade co previsto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, co obxectivo de mellorar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á elaboración do proxecto de ordenanza reguladora de prestación patrimonial de carácter non tributario para subministro de auga potable, sumidoiros, verquido e depuración de augas residuais, solicítase a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma acerca de:
- a) Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa.
- b) A necesidade e oportunidade da súa aprobación.
- c) Os obxectivos da norma.
- d) As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.
Os cidadáns, organizacións e asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos expostos no prazo de quince días a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio na web municipal, mediante a súa presentación en calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.