Dentro das actividades programadas en Ribadavia con motivo das Xornadas Europeas da Cultura Xudía, exponse a obra fotográfica ‘Benjamín de Tudela, un viaxeiro no tempo’, cincuenta e dúas fotografías do artistas tudelano Jesús Áraba.📸
Un percorrido por “o roteiro do viaxeiro máis internacional da Idade Media: de Tudela a Xerusalén por Roma, Alexandría ou París.” Unha obra que que reflicte o estado recente das xuderías e dos países que Benjamín de Tudela visitou entre 1163 e 1174; impresións recollidas despois no seu Libro de Viaxes, publicado en Constantinopla en 1543.
📌Na Madalena.
Horarios: de martes a domingos: 18:30-20:30h. // sábados e domingos: 11:30-13:30h