ESCOLA AVIA VERÁN 2017

Co fin de conciliar a vida familiar e laboral, a Concellería de Benestar Social do Concello de Ribadavia, para os meses de xullo e agosto ten preparado un novo programa, a Escola Avia Verán.

Estas son algunhas das características ás que vai dirixido o programa:

· Nenos/as de 3 a 12 anos.

Grupo1: (Infantil a Primaria) de 3 a 6 anos.
Grupo 2: (Primaria) 7 a 12 anos.

· Datas do 3 de xullo ó 31 de agosto (luns a venres).

· Horario: de 09:00 a 13:00h.

· Prezo: 48€/mes para os empadroados no Concello de Ribadavia e 90€/mes Non empadroados.

· Prazas: xullo (75) e agosto (45). Por rigorosa orde de inscrición.

· Lugar: Colexio Tomás de Lemos

· Prazo de inscrición: do 1 ao 28 de xuño no “Centro de Ensinanza Bolboretas”.

Haberá moitas actividades, como talleres de cociña, deportes, visitas guiadas, actividades na natureza, danzas do mundo, expresión dramática, rutas, piscina, veladas, actividades de igualdade, convivencia, etc…
Ademais dúas excursións (A Coruña e a unha Granxaescola),

O programa levarase a cabo  por unha empresa cunha ampla experiencia, o  “Centro de Ensinanza Bolboretas”. Un ano máis confiamos na súa profisionalidade para a tranquilidade das nais e pais.

Podes descargar o programa premendo aquí.
Máis info:
Noelia Rodríguez Travieso
Concelleira de Benestar Social do Concello de Ribadavia.
Telf. 988 477 100

 

Compartir

Check Also

PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS REGULADORAS DO CONCURSO PÚBLICO PARA A CONCESIÓN DEMANIAL DOS SEGUINTES POSTOS DA PRAZA DE ABASTOS

Consulta aquí: Anuncio Praza Abastos No Boletín Oficial da Provincia de Ourense de data 16 …