CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA A REHABILITACIÓN DO CASCO HISTÓRICO DE RIBADAVIA E SAN CRISTOVO

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ribadavia en sesión de 3 de decembro de 2018 aprobou as bases reguladoras e convocatoria de subvencións das actuacións de rehabilitación no área de rehabilitación do casco histórico de Ribadavia e de San Cristovo, Plan Estatal de Vivenda 2018-2021.

As bases quedan expostas no taboleiro de anuncios do Concello de Ribadavia, e a disposición dos interesados e interesadas no concello, departamento de Urbanismo , Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Ribadavia e do Casco Antigo de San Cristovo.

O prazo para a presentación de solicitudes de subvención será de un mes a contar desde a publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

Ribadavia, 4 de decembro de 2018

Compartir

Check Also

Subvencións para o impulso da innovación e sostibilidade do comercio local e artesanal

A Xunta de Galicia lanza novas subvencións para impulsar a modernización do noso sector comercial …

Idioma / Language »