Desde o Concello de Ribadavia animámoste a participar do Entroido de Ribadavia e da festa de disfraces que se celebrará o vindeiro domingo 27 de febrerio, a partir das 17 horas na Alameda de Ribadavia.
Se ademais de asisitir a festa de disfraces, queres participar no concurso ao mellor disfraz, estas son as bases:
BASES DE PARTICIPACIÓN PARA O CONCURSO DE DISFRACES
1. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN
A. Poderá participar no Concurso de Disfraces do Entroido 2022 calquera persoa, ou grupo de persoas, que cumpran cos seguintes requisitos:
- MODALIDADE INDIVIDUAL INFANTIL: Nenos e nenas de ata 12 anos disfrazados.
- MODALIDADE INDIVIDUAL MAIORES: persoas a partir de 13 anos disfrazados.
- MODALIDADE GRUPAL: Número de integrantes formado por tres ou máis persoas, todas elas mantenendo un mesmo tipo argumental.
B. A inscrición realizarase no momento, acudindo a festa e anotándose para concursar.
C. O xurado estará composto por representantes de difrentes colectivos e sectores do concello de Ribadavia.
D. As persoas participantes acatarán as indicacións da organización para poder optar ao premio do concurso.
E. A participación supón a aceptación das bases e da decisión que tome o xurado.
F. O Concello de Ribadavia poderá modificar ou cancelar o concurso se as circunstancias así o requiren.
2. CRITERIOS DE VALORACIÓN:
A. MODALIDADE INDIVIDUAL INFANTIL:
- Valorarase de 0 a 5 puntos a creatividade do disfraz.
- Valorarase de 0 a 5 puntos a dificultade do disfraz.
B. MODALIDADE INDIVIDUAL MAIORES:
- Valorarase de 0 a 5 puntos a creatividade do disfraz.
- Valorarase de 0 a 5 puntos a dificultade do disfraz.
C. MODALIDADE GRUPAL:
- Valorarase con 1 punto a cada membro do grupo, sempre que cumpran as condicións de participación, dando un máximo de 10 puntos.
- Valorarase de 0 a 5 puntos a creatividade do disfraz.
- Valorarase de 0 a 5 puntos a dificultade do disfraz.
- Valorarase de 0 a 5 puntos a posta en escena do grupo.
PREMIOS:
Modalidade infantil:
1º premio: diploma + agasallo.
2º premio: diploma + agasallo.
3º premio: diploma + agasallo.
Modalidade individual adultos:
1º premio: diploma + 100€.
2º premio: diploma + 50€.
3º premio: diploma + agasallo.
Modalidade grupal:
1º premio: diploma + 200€.
2º premio: diploma +100€.
3º premio: diploma + agasallo.