O domingo 1 de maio de 2022 celébrase o Día da Nai/Familia.
Desde o concello de Ribadavia queremos animar aos máis cativos (ata 12 anos) a que nos enviedes debuxos, nos que transmitades que significa para vós este día, dando renda solta á vosa imaxinación e creatividade en torno aos vosos seres queridos.
O obxectivo é fomentar a imaxinación, a concentración e promocionar tamén a lectura, xa que os premios consistirán en lotes de material escolar e libros adapatados á idade dos participantes.
Podedes facernos chegar as vosas pequenas obras de arte, mediante foto ao correo cu*****@ri*******.es ou depositando o debuxo na Casa do Concello.
Valorarase a creatividade, a orixinalidade e o esforzo que realicedes, pero recordade que o importante é participar! O prazo apra enviar as vosas creacións remata o 21 de marzo.
Bases:
- O solicitante deberá indicar o nome, apelidos e idade do menor, así como nome, apelidos, número de DNI e teléfono de contacto do proxenitor ou titor legal. Estes datos non poderán estar incluídos no debuxo.
- No caso de que o debuxo sexa enviado dende colexios, deberase indicar o nome e apelidos do menor, a idade e o centro educativo de Ribadavia ao que pertencen. Estes datos non poderán estar incluídos no debuxo.
- Contacto:
Correo electrónico: cu*****@ri*******.es
ou depositar o debuxo entregándoo no concello.
- Data límite para enviar os debuxos: 03 de maio.
- Resolución de gañadores: 06 de maio.
- Será precisa a autorización dun proxenitor ou titor legal maior de idade. Realizando a solicitude de participar desta actividade, enténdese que automaticamente se dá o consentimento.
- Os participantes e os seus representantes legais consenten automaticamente ao participar desta actividade a utilización, publicación e reprodución sen limitación, por parte da organización, da obra e autor/a en calquera tipo de publicidade, promoción, publicación, incluído Internet ou calquera outro medio da natureza que sexa, con fins informativos, sen que dita utilización lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún.
Premios:
Haberá dúas categorías, con 3 premios cada unha:
-
- infantil (ata 8 anos) e
- xuvenil (de 9 a 12 anos).
- Os premios consistirán en material escolar e libros de lectura que poderán recoller no Concello de Ribadavia.
Debuxos gañadores:
Carla Dantas Rodríguez:
Irene Álvarez Portela:
Clara Taboada González:
Carla Cruces Corral:
Foto: Premiadas coa Concelleira de Cultura, Paula Rodríguez.