Este venres 19 de marzo celébrase o Día do Pai.
Desde o concello de Ribadavia queremos animar aos máis cativos (ata 12 anos) a que nos enviedes debuxiños, nos que nos transmitades que significa para vós este día, dando renda solta á vosa imaxinación, creatividade e ás gañas de compartir o moito que queredes ao voso pai e/ou a vosa familia.
O Obxectivo é fomentar a imaxinación, a concentración e promocionar tamén a lectura, xa que os premios consistirán en lotes de material escolar e libros adapatados á idade dos participantes.
Podedes facernos chegar as vosas pequenas obras de arte, mediante foto ao correo cu*****@ri*******.gal ou depositando o debuxo na Casa do Concello.
Valorarase a creatividade, a orixinalidade e o esforzo que realicedes, pero recordade que o importante é participar! O prazo apra enviar as vosas creacións remata o 22 de marzo.
Bases:
- O solicitante deberá indicar o nome, apelidos e idade do menor, así como nome, apelidos, número de DNI e teléfono de contacto do proxenitor ou titor legal. Estes datos non poderán estar incluídos no debuxo.
- No caso de que o debuxo sexa enviado dende colexios, deberase indicar o nome e apelidos do menor, a idade e o centro educativo de Ribadavia ao que pertencen. Estes datos non poderán estar incluídos no debuxo.
- Contacto:
Correo electrónico: cu*****@ri*******.gal
ou depositar o debuxo entregándoo no concello.
- Se o debuxo se envía por correo electrónico, será suficiente escribir no corpo do correo os datos identificativos. Se o debuxo é entregado no Concello, adxuntaranse os datos nun sobre ou similiar, a ser posible grampado ou unido por outro medio ao debuxo, para poder clasificalo.
- Data límite para enviar os debuxos: 22 de marzo.
- Resolución de gañadores: 25 de marzo
- Será precisa a autorización dun proxenitor ou titor legal maior de idade. Realizando a solicitude de participar desta actividade, enténdese que automaticamente se dá o consentimento.
- Os participantes e os seus representantes legais consenten automaticamente ao participar desta actividade a utilización, publicación e reprodución sen limitación, por parte da organización, da obra e autor/a en calquera tipo de publicidade, promoción, publicación, incluído Internet ou calquera outro medio da natureza que sexa, con fins informativos, sen que dita utilización lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún.
Premios:
Haberá dúas categorías, con 3 premios cada unha:
-
- infantil (ata 8 anos) e
- xuvenil (de 9 a 12 anos).
- Os premios consistirán en lotes de libros e material escolar que poderán recoller no concello de Ribadavia.