O vindeiro día 20 de novembro ás 10:30, a recoñecida sumiller Clara Isamat chega ao IES O Ribeiro, para presentar e proxectar o seu documental, FERMENTACIÓN ESPÓNTANEA, baseado no seu libro Raíces del vino natural, un año de viña:
“Unha viaxe de norte a sur do país, coa viña e o viño como decorado. Unha reflexión do viño natural a través dos productores máis representativos e as opinións de recoñecidos sumilleres”.
Clara Isamat chega a Ribadavia da man do persoal IES O Ribeiro, onde se imparten os ciclos medio e superior de viños. Ven arroupada pola súa compañeira sumiller Montse Lao, e os productores galegos Laura Lorenzo (Daterra Viticultores), Nacho González (La Perdida) e Bernardo Estévez (Chánselus).
*NOTA: Entrada libre