O Concello de Ribadavia, no exercicio das súas competencias no ámbito do desenvolvemento económico e social tal, pon en marcha estas axudas como medida urxente para, na medida do posible, revitalizar a actividade comercial comerciante polo miúdo no municipio de Ribadavia.
O programa «Bono Comercio Ribadavia» busca axudar á cidadanía na adquisición de bens de consumo como medio para fortalecer a hostalaría e o comercio polo miúdo realizado en establecementos abertos o público por persoas autónomas e microempresas, e con iso, a dinamización das contornas urbanas.
A finalidade desta Campaña é apoiar economicamente e fomentar a actividade do sector do comercio e a hostalaría do pobo de Ribadavia.
Os comercios que desexen participar nesta campaña deberán ter a súa sede física e o seu domicilio fiscal no término municipal de Ribadavia. Ou ter un establecemento- local comercial activo e aberto ao público no municipio de Ribadavia. Ademais, adherirse á mesma presentando a súa solicitude segundo o anexo que se adxunta ás bases da convocatoria.
As solicitudes dos establecementos que desexen participar deberán enviar o anexo debidamente cumprimentado ao enderezo electrónico iv*******@ri*******.es . As bases da convocatoria poden consultarse na páxina web do Concello de Ribadavia ( www.ribadavia.gal).
Consulte e descargue as bases e o anexo premendo nas seguintes ligazóns:
Bases: Bases Bono Comercio
Anexo:Anexo bases bono comercio nadal 21