Coa intención de incentivar e apoiar a creación dramática en lingua galega e por ser o teatro a actividade que maior incidencia e proxección histórica lle outorgou á ribadaviense Agrupación Cultural Abrente (1969-1983), o Concello de Ribadavia a través da Mostra Internacional de Teatro (MIT) convoca, en lembranza daqueles “Concursos de Textos Teatrais”, a 13ª edición do Premio Abrente para Textos Teatrais 2018, de acordo coas seguintes bases:
Poderán optar ao premio todas as autoras e autores de calquera nacionalidade que presenten obra dramática inédita e nunca antes premiada ata a data de resolución desta convocatoria, sempre que estea escrita na normativa oficial da lingua galega.
Establécese un premio único e indivisible, dotado con 3.500 euros e a edición da obra gañadora. O Concello reservará por un prazo de doce meses os dereitos de edición e representación da obra e entregará ao gañador/a un total de vinte exemplares. Igualmente, o Concello poderá promover, a través da Mostra Internacional de Teatro, a produción para a escenificación da obra premiada, sen que isto supoña unha compensación complementaria para o autor/a.
O prazo de admisión de orixinais remata o día 22 de xuño de 2018 e deberán enviarse ao seguinte enderezo: Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Praza Maior s/n, C.P. 32400, Ribadavia, Ourense e deberase indicar no exterior do sobre “13º Premio Abrente para Textos Teatrais, 2018”
Pode consultar as bases completas premendo aquí.