CONCILIACIÓN NA PASCUA 2023
- Obxeto:
O Concello de Ribadavia co obxeto de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral dos veciños e veciñas de Ribadavia durante a Semana Santa, organiza o “Concilia na Pascua”.
Este programa tamén ten como obxetivo o disfrute durante a Semana Santa, dos nenos e das nenas, tanto dende un punto de vista pedagóxico, como no de poder vivir unha experiencia que axude a potenciar o seu desenvolvemento persoal e autonomía.
- Persoas destinatarias:
Nenos e nenas de 3 a 14 anos.
- Periodo:
O periodo da actividade comprende:
Luns 3, martes 4, mércores 5 e luns 10 de abril de 2023 (ambos incluídos).
O horario será de 9:00-14:00 horas. Podería contemplarse servizo en horario de tarde.
- Prazas:
O número de prazas será de ata 40.
Os nenos ou nenas con discapacidade recoñecida igual ou superior ó 33% ocuparán 2 prazas.
- Lugar e prazo de presentación:
As solicitudes presentaranse no Dpto. de Servizos Sociais do Concello de Ribadavia.
A solicitude entenderase presentada, cando estea entregada toda a documentación, incluido o xustificante bancario do prezo do servizo de conciliación.
O prazo de solicitude do 23 ó 30 marzo 2023.
BASES CONCILIACIÓN PASCUA 2023