AXUDAS PARA O COMERCIO RETALLISTA E OBRADOIROS ARTESANAIS

Dende hoxe e ata o día 18 de febreiro de 2016, estará aberto o prazo de solicitude para optar ás subvencións para a mellora de imaxe, modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego.

Entre algunhas das medidas ás que se pode optar destacan as seguintes:

  • Acondicionamento do local comercial, da superficie destinada á venda.
  • Mellora da imaxe exterior e adquisición de moblaxe e equipamento dedicado ao desenvolvemento da actividade comercial e para uso exclusivo na superficie de venda.
  • Sistemas de etiquetas intelixentes.
  • Ferramentas ou programas informáticos.
  • Implantación de solucións de empaquetado e etiquetaxe.
  • Implantación e actualización de páxinas web ou aplicacións para dispositivos móbiles (con opción de tenda online e pasarela de pago).
  • Páxinas web comerciais.
  • Novos sistemas de comercialización e información ao consumidor que impliquen a utilización das redes sociais para a venda.

Poden consultar as bases premendo aquí

Compartir

Check Also

BASES CONCILIACIÓN NA PASCUA 2023 NO CONCELLO DE RIBADAVIA

  CONCILIACIÓN NA PASCUA 2023   Obxeto: O Concello de Ribadavia co obxeto de facilitar …