AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR.

O Concello de Ribadavia convoca axudas para material escolar do Concello de Ribadavia para o curso escolar 2016-2017.

Ribadavia, 31 de agosto de 2016. O Concello de Ribadavia convoca, por cuarto ano consecutivo, para o Curso escolar 2016/17, unha axuda para a adquisición de material escolar. O obxectivo é que os alumnos de Ribadavia dos cursos de Educación Infantil poidan ter as mesmas condicións e vantaxes na súa educación.

Así pois, para que non se produzan inxustizas a causa da crise económica que estamos a pasar, sobre todo en aquelas familias que máis o necesitan e que se atopan en situación de desemprego ou cunha pequena axuda para poder subsistir, o Concello de Ribadavia está a facer un esforzo, utilizando recursos propios para poder financiar o material escolar dos/as cativos/as e familias que máis o demandan, contribuindo así a amortiguar e minorar o efecto dos recortes en educación doutras administracións.

Requisitos:

– Que os ingresos totais da unidade familiar non superen os 1.065,02€.

– Estar empadroado/a no Concello de Ribadavia na data de convocatoria da subvención.

– Ser alumno/a de Educación Infantil en calquera dos centros educativos pertencentes o Concello de Ribadavia.

– Aportar a factura de compra do material con firma e selo de pagado.

-O prazo de presentación das solicitudes será do 12 ao 30 de setembro.

-Nenos/as de 3 a 6 anos -Educación Infantil:

  INGRESOS AXUDA
Ingresos da unidade familiar de ata 1,25 do IPREM* (665,64€) 125€
Ingresos da unidade familiar de ata 2 do IPREM (1.065,02€) 90€

*Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples (IPREM) é un índice empregado en España como referencia para a concesión de axudas, becas, subvencións, subsidio de desemprego entre outros.

Para calquera información adicional poden dirixirse a:

Noelia Rodríguez Travieso.

Concelleira de Benestar Social, Sanidade, Igualdade e Participación Cidadá, do Concello de Ribadavia Telf. 679607153 / 988477100   e-mail: noert7@yahoo.es

Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ribadavia, sito na Rúa Tomás Lemos, 10 – 32400 Ribadavia Tlfno.: 988 472 403   e-mail: serviciossociais@ribadavia.gal

 

 

 

Compartir

Check Also

Actividades do 8M en Ribadavia

    Actividades polo Día Internacional da Muller en Ribadavia. Compartir