ANUNCIO DE CORTE DA ESTRADA OU-504 POR OBRAS.

CORTE DE ESTRADA POR OBRAS:

Estrada: OU-504 PQ inicio: 1,800. En ambas marxes. Entre o núcleo de San Cristovo de Regodeigón, no municipio de Ribadavia, e Coedo, no municipio de Cenlle. Sendo afectados tamén os municipios de Beade e Leiro.

Datas: entre os días 13, luns, a media mañá, e o día 17 de febreiro, venres, ambos incluídos.

O tráfico entre Ribadavia e O Carballiño desviarase por Valdepereira-Camporredondo – Esposende- Pazos Ermos- Coedo.

Os residentes dos núcleos afectados e traballadores do Polígono terán acceso ás vías secundarias alternativas.

As obras de RENOVACIÓN DAS CANALIZACIÓNS NA ZONA DE SAN CRISTOVO, promovidas polo Concello de Ribadavia e a Confederación Hidrográfica do Miño Sil, esixen cortar o acceso do tráfico na estrada OU-504, p.k. 1,800 entre os dias 13 o 17 de febreiro do 2023, ambos inclusivos, desviándose o tráfico pola OU-0309, dende a N-120 ata o cruce de Coedo e viceversa, de acordo coa sinalización do itenerario alternativo.

Desde o Concello de Ribadavia fíxose reparto informativo á poboación, realizouse a colocación de sinalización indicando as vías alternativas dispoñibles, e sairán anuncios institucionais sábado e domingo en prensa para o seu coñecemento xeral. Así mesmo, realizouse comunicación a todos os concellos afectados e ás empresas de transporte de pasaxeiros.

Pregamos desculpen as molestias que estas obras necesarias poidan ocasionar.

 

 

 

Compartir

Check Also

Nematodo do piñeiro

Bos días,o pasado 14.02.2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia a resolución da Dirección Xeral …