O Concello de Ribadavia acollerá na tarde de mañá venres, día 19 de maio de 2017, unha exhibición a cargo da Garda Real, que nestes días está a visitar a provincia de Ourense.
A actividade, que terá lugar a partir das 20.00 h na zona da Veronza nova, contará con exhibicións de exercicios de escolta, Caballería e Artillería. Tamén se levará a cabo unha pista infantil.
Dende o Concello de Ribadavia convídase a todos os veciños de Ribadavia e da comarca do Ribeiro ao acto pois é algo novidoso e histórico, xa que a Garda Real desprázase unha vez cada ano a unha provincia española, para amosar as súas capacidades, sendo este ano a provincia de Ourense a elexida.