Entre as actividades a realizar atópanse Concursos de decoración de Árbores nas Parroquias, Concursos de Decoración Navideña nas categorías de Familias, Colectivos e Escaparates, e unha campaña de videochamadas con Papá Noel e os Reis Magos para os nenos e nenas de Ribadavia.
O Concello de Ribadavia e Establecementos Asociados do Ribeiro veñen de presentar unha campaña de actividades para dinamizar o Nadal 2020 no concello de Ribadavia.
Con esta campaña de actividades, o Concello e Establecementos Asociados pretenden fomentar a creación dun ambiente de nadal baseado baseado na cooperación e participación de toda a cidadanía, para deste xeito que o espírito do Nadal contribúa a levar mellor os tempos de dificultades que estamos a vivir a raíz da crise sanitaria do COVID-19.
Outra das actividades desta campaña de nadal diferente será unha campaña de videochamadas de Papá Noel e os Reis Magos aos mais cativos da casa, para que poidan comunicarse con eles de xeito virtual cumprindo coas esixencias da situación derivada do COVID-19. Con esta campaña de videochamadas, que se fai en colaboración coa compañía de eventos culturais Hípica Celta, os mais cativos da casa poderán trasladarlle as súas peticións a Papá Noel e aos Reis Magos de Oriente de xeito virtual.

decembro, e para os Reis Magos será do 25 ao 29 de decembro.
Compartir